Nota de prensa:
PROGRAMA “ UNIÓN INDEPENDENTE DE FOZ “
Participación cidadá , servizos ao cidadán e transparencia municpal
Urbanismo e vivenda.
Educación, cultura e xuventude
Deportes
Medio ambiente, parques , xardíns, paseos marítimos, recollida de lixo, limpeza viaria
Emprego
Asuntos Sociais: muller, accesibilidade, inmigración, emigración e sanidade
Turismo
Industria, comercio, pesca e consumo
Economía Municipal
Medio rural (obras en parroquias, agricultura, forestal )
Novas tecnoloxías (TICS)
Tráfico , Seguridade Cidadá. Protección Civil
Aforro enerxético, enerxías alternativas e alumeado público
1.- PARTICIPACIÓN CIDADÁ, SERVIZOS AO CIDADÁN E TRANSPARENCIA MUNICIPAL.
1.a.) Implicación cidadá na toma de decisións que atañen ao Concello a través de varias vías:
Rede Cidadá: impulsar este programa que interconecta telemáticamente todas as parroquias do concello a través dos centros sociais, e onde os veciños do medio rural teñan os mesmos dereitos e servizos que os veciños de Foz no que respecta ás Tics.
Creación dun Consello Municipal do Veciño, onde teñan representadas as AA.VV con reunións periódicas (cada catro meses) como medida de acción de goberno.
Aprobación dun Regulamento Municipal de Subvencións
Incremento das axudas aos colectivos que se decidirán segundo consulta co Consello Municipal dando prioridade a proxectos conxuntos. Maior implicación dos Centros Cívicos e Sociais dándolles o equipamento social necesario para o seu aproveitamento en actividades formativas, culturais e de ocio.
Reunións anuais cos veciños da zona rural e urbana como fortalecemento do diálogo e consenso.
1.b.) Mellora nos servizos ao cidadán concretados en :
Clarificar as contas municipais e dar transparencia á súa xestión na páxina Web, e control e transparencia na xestión das concesións privatizadas, así como información na Web, de tódolos gastos municipais incluídos dietas e desprazamentos e subvecións a partidos políticos.
Calidade nos servizos públicos: as oficinas municipais de atención ao cidadán (Cultura, Asuntos Sociais, Deportes, OMIC, Xuventude, Brigadas de Obras..) contarán coas súas dependencias abertas en horario de tarde, reforzando para isto a dotación de persoal con que contan na actualidade.
Optimizar a plantilla municipal, regulación da productividade segundo criterios fixados. Contanto co Comité de Empresa de maneira permanente, transparente e democrática, con todo o relacionado co persoal do concello. Control de horarios e funcionamento.
Potenciación da Ventanilla Única
Comunicación de bandos de Alcaldía para informar das licencias concedidas e as súas características en Foz e nas parroquias
Compromiso ético co pobo de Foz, onde ninguén do Equipo de Goberno, nin directa nin indirectamente facturará ou traballará para o Concello.
Compromiso cós diferentes proveedores do Concello para facer pagos nun período máximo de 90 días depois da súa aprobación.
Wifi gratuíto para o casco urbano de Foz como para os centros sociais das parroquias
Compromiso de calidade de servizo aos veciños:
Servizo mediante web e teléfono para pedir cita previa e consulta de información cos departamentos municipais, cun tempo de resposta máximo de 24 horas. Así como potenciar a tramitación administrativa de forma telemática.
En todas as dependencias haberá enquisas de opinión veciñal
Resposta aos cidadáns en trámites administrativos antes de cinco días.
Compromiso político de fomentar o diálogo e consenso na Corporación Municipal
Plan de fixación de poboación con medidas de discriminación positiva para aqueles que estén censados en Foz . (Piscina, Escola de Música, Emprego…)
Teléfono da atención con resposta inmediata ao veciño 24 horas.
Facer pública a axenda do Alcalde
Publicidade e transparencia na subvencións recibidas e concedidas.
Tolerancia cero contra o incumprimento das ordenanzas municipais.
2.- URBANISMO E VIVENDA.
Aprobación do PLAN XERAL (PXOU) contemplando o traballo feito polos grupos de traballo e con consulta popular aos veciños.
Plan para construcción de vivendas de aluguer
Posta en marcha de Oficina de estímulo e axuda para a Rehabilitación de vivenda rural, colaboración para tramitación de axudas para melloras as vivendas do medio rural e así fixar poboación rural, así mesmo será o departamento encargado de informar e axudar a tramitación de axudas en materia de vivenda.(plan de empleo)
Medidas de axudas público-privadas para estimular a compra de vivendas de nova construcción, con criterios de renda familiar.
Creación dun Consello Consultivo de Urbanismo.
Construcción de rotondas axardinadas en varios lugares de Foz.
Planificación municipal que garanta espazos abertos e verdes para o disfrute cidadán
Protección do noso patrimonio
Estudo de melloras en Vilaxoane na estrada de entrada a Foz.
Aproveitamento do solo das urbanizacións de nova construcción, unha vez planificadas as necesidades de equipamento da zona, será retribuído polas constructoras ao Concello, pasando a ser patrimonio público.
Estudo de axudas municipais para a compra da primeira vivenda dos empadroados no noso municipio, sen exclusión por razón de idade e só tendo como referencia a renta familiar neta anual.
Aumentar o parque de vivendas de promoción pública
Articular medidas de recuperación de inmobles para conseguir a súa restauración e axuden á revalorización de determinadas áreas.
Diseño e proxecto dunha praza de abastos, como medida para fometar os productos da nosa xente.
Organización de aparcadoiros públicos municipais e fórmulas para que os visitantes colaboren máis nos ingresos do concello.
Construcción de novos aparcadoiros municipais.
Vixiar para que a ocupación da vía pública se adecue ao entorno con criterios estéticos e homoxéneos en toldos, sombrillas, mesas… UN FOZ PARA ENSINAR
Mellorar a conservación de mobiliario urbano e mantemento ao longo do ano de forma continuada de Foz. UN FOZ PARA ENSINAR.
Unidade de criterio para a elección de pavimentos nas beirarrúas.
Ordenanza para regulación da estética urbanística. Plan de prazas públicas para o embelecemento de Foz. Mellora das rotondas, prazas e parques existentes. UN FOZ PARA EXHIBIR.
Peatonalización de rúas para fortalecer o comercio local.
Estudo de acceso peonill Foz-Barreiros.
Construcción de Avenida entrada de Foz dende a rotonda de Fazouro con beirarrúas e carril bici.
Estudo de instalación dun posto de turismo na entrada de Foz
Especial atención ao mobiliario urbano ( por disposicións pouco adecuadas de paneis publicitarios, papeleiras, bolardos… as veces é difícil acceder a determinados lugares con equipos de emerxencia como bombeiros, ambulancias..)
Proxecto de beirarrúas na estrada do Cemiterio e aparcadoiro público frente ao mesmo con árbores autóctonos
Instalación de WC Públicos na zona do Porto
Conseguir que Foz sexa un referente en canto a accesibilidade a través do concello e das diferentes administracións
Control de calidade na planificación de obras nas rúas para deixar canalizacións auxiliares en reserva, así como a separación de augas pluviais de residuais.
Proxecto para beirarrúas na rúa do Pilar (Foz)
Plan especial para a rehabilitación da zona chamada “As Catro Calles” en Marzán e onde se inclúa un plan integral de reparación das rúas.
Xestións para rematar a Rúa do Vicedo en Marzán.
Proxecto de dotación de vía urbana para o Camiño Real en Cangas.
Proxecto para dotación de vía urbana para crta entrada a Cordido.
Acondicionamento de espacios libres na crta Vilaxoane –San Martiño (xardín, árbores, bancos).
Obras de mellora para acceso peatonal a Estación de FEVE en Foz.
3.- EDUCACIÓN, CULTURA E XUVENTUDE.
3.a.) Educación: aínda que a Educación é unha materia de competencia da Comunidade Autónoma, o concello é o encargado do mantemento dos centros docentes e como administración máis cercana aos cidadáns debe ter ao seu alcance a posibilidade de incidir naqueles aspectos que considere oportunos poñendo especial interés en :
Que non se infrautilizen os equipamentos docentes, abrindo as instalacións deportivas en horario de tarde
Fomento da lectura con campañas municipais ao respecto
Campañas de Educación para a paz, protección do medio ambiente, consumo
Reforzo dos valores no sexistas, racistas ou xenófobos, todo isto en colaboración coas distintas concellarías municipais e a comunidade educativa.
Maior relación coas AMPAS e os Consellos Escolares sin ser unha simple figura decorativa nos mesmos
Impulsar o funcionamento do CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL como instrumento de deseño e elaboración de OFERTA EDUCATIVA.
Plan de impulso de coñecemento de idiomas.
Escolas de Pais / Nais
Estudio de Centro de apoio ao estudio escolar para as familias con menos recursos en colaoración coas AMPAS.
3.b.) Cultura
Captar financiación privada para a realización de actividades culturais a través dunha ordenanza municipal de mecenazgo.
Banco de libros de lectura municipal, para fomento da lectura.
Constitución do CONSELLO MUNICIPAL DA CULTURA como órgano consultivo coa integración das asociacións e reunións cada catro meses, para o fomento da cultura local .
Acondicionamento de centros socio-culturais nas parroquias e estudo dun centro Socio-Cultural para Vilaxoane (plan de emprego)
Axudas e colaboración para manter as tradicións das Festas de Foz e parroquias, así como a implicación das asociacións culturais nas mesmas como axentes dinamizadores.
Habilitaremos unha liña económica de apoio aos artistas locais, tanto para a promoción da obra dos xa consolidados como para a formación mediante becas ou subvención aos novos creadores.
Sala de exposicións consensuada cos propios artistas.
Ampliación da Biblioteca Pública Municipal equipada con fonoteca, salas de audiovisuais, ludoteca infantil e sala de estudo e lectura.
Convenios de axuda e colaboración con todas as asociacións culturais locais segundo desenvolvemento de actividades e tipoloxía.
Reorganización da Radio Municipal co obxectivo de garantir a súa pluralidade (modificar composición do Consello da Radio, con máis presencia de veciños), nova programación, búsqueda da obxetividade informativa, democratización da mesma e canle de comunicación directa con todos e para todos os cidadáns.
Creación da Casa da Música no CENIMA en donde tamén disporan de locais insonorizados para grupos aficionados á música así como obradoiros de Dj. (mentres non se constrúa o Auditorio).
Reordenación da Escola de Música con especial fincapé na organización de actividades, oferta músical e novas instalacións.
Elaborar unha “AXENDA CULTURAL” coordinada coas diferentes asociacións e institucións que realicen actividades en Foz para evitar coincidencias de calendario.
Construcción e posta en marcha dun AUDITORIO MUNICIPAL con dependencias para a Escola de Música e locais de ensaio dos mozos músicos.
Xestión público-privada para dotar ao noso pobo de Salas de Cine
Fomentar as relacións sociais (Hermanamentos)
Plan integral para a posta en valor do noso patrominio, Frouxeira, e os Castros de Fazouro.
Estudo de posta en marcha dunha Escola de Teatro.
3.c.) Xuventude.
Posta en marcha da CASA DA MOCIDADE no CENIMA (Salas como punto de encontro tendo en conta as idades, actividades permanentes, obradoiros de música…)
Reorientar a oferta e funcionamento da Casa da Xuventude
Plan de emprego e formación para mozos.
Fomentar os intercambios de mozos, empregando a Obra Pía de Fazouro e as chamadas Casas dos Mestres de Nois
Crear o Consello da Mocidade
Tarjeta xoven de Foz para actos culturais
Programa “NOITES ALTERNATIVAS” de cara ao invierno.
Plan de vivendas específico para este colectivo
Axudas de Bono-Bus, reguladas por renda familiar.
Posta en marcha de Albergue para intercambios culturais e deportivos.
Xestións para recuperar o servizo de NOITE –BUS
Apoio a investigación e publicacións de estudos sobre a historia de Foz, así como xornadas e encontros.
4.- DEPORTES
Potenciación das Escolas Municipais Deportivas, apoio e financiación como obxectivo de potenciar o DEPORTE BASE EN IDADE ESCOLAR.
Poteneciar a actividade deportiva tamén para o DEPORTE SAUDABLE PARA OS MAIORES.
Liñas de apoio económico ao deporte base
Adaptación da piscina municipal e realización de cursos de natación para persoas con discapacidade, que terán prezos especiais.
Apoio aos diferentes clubes e asociacións deportivas como asesoramento municipal para as funcións administrativas que precisen (subvencións, contabilidade..)
Creación dun PADROADO MUNICIPAL DE DEPORTES, como instrumento dinamizador e de planificaión da promoción do deporte, con financiación público–privada.
Ordenar os espazos deportivos no entorno do Pavillón de Marzán coa construcción de novas instalacións..
Fomentar a utilización dos locais interiores do pabillón como sede dos diferentes clubes deportivos.
Crear a “VILA DO DEPORTE” mellorando o entorno do campo de fútbol e promovendo unha “red carril-bici” desde Foz á Pampillosa, desenvolvendo programas deportivos dirixidos a mozos e dotación dos espazos urbanos de equipamentos deportivos na rúa.
Estudo de viavilidade de PISTA DE ATLETISMO SUPRAMUNICIPAL.
Recuperación e modernización do Campo da Cabana
Xestións para Campo de Golf comarcal
Estudo de concurso público para transporte de clubes e asociacións culturais.
Desenvolvemento dun proxecto deportivo ligado ao proxecto turístico municipal (vela, surf, piragüismo, tenis …)
Construcción dun novo local para a Clube de Piragüismo Kayak (plan de emprego)
Construcción de local social para Clube de Tenis (plan de emprego).
Acordo para fomento de práctica do deporte do tenis así como regulación de funcionamento e mantemento de instalacións (proxecto turístico)
Construcción de vestiarios para C. Fútbol de Malates (plan de emprego)
Local social para A. Os Surfiños en Peizas e desenvolvemento de proxecto deporte-turismo. (proxecto turístico)
Proxecto para cubrir pistas de deportes en parroquias.
Plan de atención, mantemento e conservación de instalacións deportivas.
5.- MEDIO AMBIENTE, PARQUES, XARDÍNS, RECOLLIDA DE LIXO, LIMPEZA VIARÍA
Plan integral para limpeza de rúas, parques e espazos públicos con planificación temporal e constante.
Creación de parques públicos e zonas verdes
Parque /paseo para poder pasear os animais domesticos.
Medidas para o cumprimento de ordenanza de ruído
Canceira municipal. Medidas para o cumprimento de ordenanzas sobre cans.
Plan de información medioambiental e de concienzación cidadá.
Plan de Praias: para abastecer de servizos e adecuar o desenvolvemento sostible das mesmas así como a rexeneración da fachada marítima. Reorganizar aspecto físico e funcional da Praia da Rapadoira, dotación de máis casetas de praia e adxudicación mediante lista pública.
Adquisición de máquina limpia-praias mancomunada con outros concellos
Mellorar e rematar o saneamento en todo o Concello de Foz.
Mellorar as medidas da recollida selectiva de residuos sólidos úrbanos
Campaña de limpeza de montes a través da creación das Brigadas de Protección de Montes, de temporalidade anual e non so para o verán, creando unha infraestructura adecuada nos montes do concello que incluirían tratamentos de limpeza, conservación de pistas, depósitos etc.
Potenciación do Punto Limpo
Xestionar a limpeza do Río Ouro e da senda peatonal como ruta turística.
Especial atención á contaminación acústica
Erradicación de todos os vertedoiros incontrolados existentes no municipio
Control de aguas das fontes con análises periódicas e tamén das residuais.
Proxecto para a protección dos animais domésticos.
Plan de limpeza permanente con dúas máquinas barredoras.
Campañas para potenciar e sensibilizar a recollida selectiva, fomento da reciclaxe e maior control da recollida de plásticos e papel.
Estudo de aproveitamento da compostaxe.
Plan de limpeza para fincas urbanas.
6-EMPREGO:
A Administración ten que axudar a amortiguar a situación de desemprego dos noso veciños, para iso é necesario a creación de 200 postos de traballo /4 anos, para facer traballos e proxectos que melloren a calidade de vida dos cidadáns., con bases de selección claras, transparentes, públicas e que respondan ao perfil da praza.
Reserva de prazas para xóvenes
Reserva do 10% das prazas para persoas con discapacidade .
Posta en marcha do Plan de Emprego Xuvenil aprobado pola Corporación Municipal
Plan de formación e emprego para mellorar servizos municipais, con transparencia na súa convocatoria (Bando, Radio, Prensa, SMS…)
Lista de contratación municipal, onde se recolla a situación socio familiar, e onde se facilite a rotación de contratación das persoas inscritas.
Potenciar o funcionamento da Bolsa de Emprego Municipal
Priorizaremos a creación de emprego estable en cantas axudas e subvencións conceda o Concello. O emprego público publicitarase mediante mailing, sms a todos os demandantes da bolsa de emprego así como ao resto na páxina web, taboleiro de anuncios, prensa e bando de alcaldía, así como tamén se publicitará as bases e os prazos con tempo amplio.
Primaremos a estabilidade no emprego nas plantillas e na execución directa de obras e servizos en aquelas empresas que pretendan a adxudicación de obras e servizos ofertadas polo concello.
Centro de Estimulo Empresarial e Formación. Asesoramento a PYMES e o autoempleo a través dun novo organismo denominado Escola de Promoción e Desenvolvemento Económico que traballe en I+D.
Potenciar as Escolas Taller e Obradoiros de Emprego
Estableceremos convenios de colaboración cos axentes sociais para potenciar o labor de fiscalización no cumplimento das medidas de prevención de riscos laborais así como de todas as actuacións en materia de contratacións.
Potenciar os servizos públicos, con empregos públicos (atención a dependentes, limpeza).
Reserva de prazas para promoción interna.
Centro de Formación Permanente para mozos sen titulación.
Locais para emprededores gratuítos dotados de servizos .
Transparecia e garantías de obxectividade no sistema de selección do persoal.
7.-ASUNTOS SOCIAIS, MULLER, ACCESIBILIDADE, INMIGRACIÓN, EMIGRACIÓN E SANIDADE
A disparidade de renda, de condicións de vida, das dificultades de ter unha vivenda digna, acceso á oferta formativa ou o emprego, marcan as diferencias sociais máis acusadas. Si a intervención do Concello non traspasa os límites meramente asistenciais, convirtese nun saco sen fondo de gasto público que so axuda a perpetuar esas desigualdades a través de esas mesmas axudas. Hai que incidir nas causas que producen esos desaxustes.
Aumentar o presuposto municipal desta delegación
Crear unha tarxeta de Ingreso Mínimo Cidadán que con carácter anual fixe unha serie de bonificacións fiscais ás familias con salarios por debaixo do mínimo interprofesional.
Creación dun centro permanente para a A. de Discapacitados, con actividades de formación e atendido por especialistas, con finaciación publico–privada (plan de emprego).
Programa específico e obradoiros para a xente con discapacidade do noso concello, segundo o curso escolar e no verán programación especial, e de permanencia continuada. Programa de integración laboral..Colaboración co A. Virxen do Carmen.
Xestións para a posta en marcha dun centro profesional de ámbito comarcal para atención a rapaces discapacitados, e con transporte asistido.
Ampliar o programa de axuda a domicilio e implantar a teleasistencia domiciliaria. Incremento do personal de axuda a domicilio.
Posta en marcha da OFICINA MUNICIPAL DE EXTRANXERÍA, na que se traballe en programas especiais para inmigrantes e a súa integración: trámites administrativos, escolarización, formación.
Estudo e posta en marcha do programa XANTAR NA CASA, para poder garantir un servizo de alimentación equilibrada a persoas en dificultades.
Programas específicos para a Terceira Idade. (charlas de saúde, obradoiros, ximnasia)
Especial atención á drogadicción e enfermidades psíquicas elaborando un censo actualizado ano a ano que conleve unha axuda personalizada en cada caso para unha reinserción completa.
Reorganización do funcionamento do Asilo de Anciáns e xestións para a posta em marcha da residencia da Terceira Idade e Centro de Día.
Potenciar e regular o funcionamento do ROUPEIRO MUNICIPAL.
Axudas as familias en función da súa renda percápita
Unha cidade sen barreiras repercute de maneira beneficiosa no conxunto da poboación. Polo tanto non so falamos de persoas con discapacidades, que dende logo necesitan de medidas de discriminación positiva e medidas engadidas, unha vila cómoda e accesible o é tamén para a infancia, para as persoas maiores, para portar carritos da compra, para pasear… É un concepto de habitabilidade que leva aparellado un innumerable cúmulo de ventaxas para a cidadanía. A pesar da normativa vixente que obriga á supresión paulatina de barreiras arquitectónicas e urbanísticas, temos que seguir traballando en:
Execución de proxecto de accesibilidade, con reordenación de servizos de atención cidadá, ubicándose en plantas baixas ou con accesos tales como ascensores ou rampas (vexase xuzgado de paz, notario en entrechans sin ascensor e con escaleiras altas, ou campo de futbol, pabellón municipal , escenario Sala Bahía, escenario Cenima,ou Basílica de San Martiño..)
Vixíar que se cumpra a legislación vixente nesta materia en todos os edificios de nova construcción ou remodelación de aqueles antigos.
Estacionamento para discapacitados en edificios públicos, praias, colexios…)
Muller:
Posta en marcha de Centro de Información a Muller (CIM)
Potenciar o Plan de Igualdade
Xestionar desde a Concellaría os recursos sociais para as mulleres: gabinete xurídico e asistencia psicolóxica
Prestar asesoramento de cantas axudas, subvencións existen destinadas ás mulleres e sobre os procedementos para acollerse a eles.
Construcción dunha casa de acollida
Cursos de formación en Foz e parroquias con financiación público-privada.
Medidas correctoras para acollida a persoas víctimas de violencia de xénero.
Consello Municipal da muller, como impulsor da igualdade de oportunidades para a muller rural.
Sanidade:
A sanidade inclúe moitas actuacións que dende as Corporación Locais podense desenvolver e impulsar neste campo e que afectan directamente á calidade de vida dos cidadáns.
Programa integral de sanidade ambiental
Reestructuración da limpeza viaria
Limpeza de contenedores de maneira reglada
Valado e/o rexeneración de solares
Desinfectación e desratización
Potenciar o papel municipal no terreo da educación para a saúde dando especial importancia aos xovenes e o medio escolar así como aos nosos maiores.
Implantar programas municipais de promoción, prevención e educación para a saúde
Campañas de sensibilización de hábitos saúdables na poboación
Instalación de DESFIBRILADORES en lugares públicos de máxima concurrencia.
Servizo de Urxencias 24 horas
Demandar a modificación de mapa sanitario para a comarca de Mariña Oriental e Central.
Dotar máis servizos o Centro de Saude e impulsar a boa calidade dos mesmos.
8.- TURISMO
Desenvolvemento de proxectos comarcais como Mariña de Lugo (16 concellos da Mariña)
Máquina limpia-praias mancomunada con outros concellos limítrofes, para ofrecer boa imaxe da nosa postal natural como son as nosas praias.
Plan de mellora e conservación do noso patrimonio , Basílica de San Martiño, Frouxeira, Castros de Fazouro.
Traballar na recuperación etnográfica como referencia turística (muiños, cabozos, hórreos, pozos….)
Profesionalizar as visitas guiadas a Basílica de San Martiño, coa creación dun posto de traballo como cuidadora da Igrexa de San Martín e guía turístico en colaboración co obispado de Mondoñedo.
Modificar impacto dos WC na area recreativa da Basílica de San Martiño.
Xestionar terreos para acondicionar e posta en valor do mirador do Pico da Lebre.
Creación dun PATRONATO MUNICIPAL DE TURISMO e desenvolver un plan estratéxico para potenciar a calidade dos servizos turísticos locais cun plan director para un turismo sostible
Desestacionalización do turismo: potenciar o turismo de saúde e deportes náuticos, vela, surf, piraguas, tenis, pesca deportiva… mellora do porto deportivo, plan de actividades naúticas e apostar pola gastronomía e servizos de calidade.
Mellora da páxina web do concello
Oficina de Turismo con atención os 365 días/ano. Creación de máis puntos de información turística
Impulsar e profesionalizar o turismo local
Potenciar e facilitar desde o Concello a creación de infraestructura hostaleira de calidade.
Sinalización, potenciación e mantemento de rutas de sendeirismo como a do Río Ouro, Centiño, Cornería, Praias…para que en colaboración coas Asociacións Os Sendeiros de Foz e Os Rueiros de San Martiño forme parte do noso proxecto turístico, para un turismo de 365 días.
Promoción do noso concello en naqueles eventos turísticos considerados de interese para o noso Concello, en colaboración coa ACIA.
Traballar no estímulo a construcción dun centro de talasoterapia e un campo de golf comarcal
Colaborar coas distintas asociacións, clubs deportivos e comerciantes para o desenvolvemento e mellora da cultura e as festas populares.
Plan e regulamentación dos espazos públicos no tema de actividades lúdicas, culturais e de festas para compaxinar o divertimento co dereito ao descanso.
Crear un albergue para a estancia de grupos culturales e equipos deportivos que se acheguen a Foz a mostrar a súa cultura ou realizar eventos deportivos. Escola de Nois, Obra Pia de Fazoro.
Programa para que os turistas que así o desexen podan ir a pescar acompañado dun profesional (crea emprego).
Xestionar aparcadoiros no entorno das praias con reserva para perosas con discapacidade (Praia de llas, Polas, Xuncos, Areoura,Area Longa….)
Dotar de servizo de cafetería a Praia de Llas.
Acondicionamento e melloras para a Praia de Pampillosa (accesibilidade, control de augas, limpeza do areal…)
Desenvolvemento de actividades coa A. Os Bolouros, dentro do proxecto turístico municipal.
Integrar dentro do Proxecto Turistico Municipal as programacións de Semana Santa de Foz e de San Martiño.(colaboración coa A. O Desencravo).
Sinatura de acordos con Universidades para a organización de xornadas relacionadas co turismo.
Potenciación do Turismo Rural
9.- INDUSTRIA, COMERCIO, PESCA E CONSUMO
Aula do Mar no porto de Foz.
Plan de potenciación do comercio local en colaboración coa ACIA, peatonalización de zonas comerciales, punto de encontro úrbano.
Medidas para potenciar o Poligono Industrial de Fazouro.
Medidas de bonificación para a instalación de empresas no Polígono Industrial de Fazouro.
Promoción de Foz no exterior como punto para instalacións industrias e comercio.
Xestionar o dragado do porto e a execución de proxecto de reordenación portuaria, e praia de Fondas.
Impulso e modernización da OMIC (Oficina Municipal de Inforamción ao Consumidor) .Impulsar a colaboración con organización de consumidores potenciando o seu desenvolvemento no municipio
Potenciar o papel do concello a través da OMIC como fiscalizador do cumplimento das obrigas en materia de consumo por parte das empresas.
Campañas de divulgación do dereitos dos consumidores e dos instrumentos legais o seu alcance e planes de potenciación de vida saudable.
Creación da Ordenanza Municipal para a Defensa de Consumidores e Usuarios.
Programa especifico para o desenvolvemento do Comercio Local.
Centro Comercial Aberto.
Crear o departamento de Axente de Desenrolo Local (ADL)
10.-ECONOMÍA MUNICIPAL
Potenciar o aumento de ingresos por publicidade estática.(recibos da auga, Pantalla lumninosa, radio municipal)
Estudio de aumento de ingresos por estacionamentos.
Plan de aforro económico
Actualizar o listado de inmobles , lixo, auga, bados, con medios propios.(plan de emprego)
Estudio dos servicios privatizados coa finalidade de economizar recursos sen influir na calidade dos servizos.
Plan de aforro enerxético
Plan de aforro en consumo telefónico.
Estudio de optimización da Platilla Municipal.
Estudio de viabilidade economica , seguridade e eficacia do servizo de recollida do lixo.
Transparencia mediante páxina web do gasto municipal, incluidos os gastos dietas e quilómetros.
Plan de mantemento de maquinaria municipal (plan de emprego)
11.- MEDIO RURAL, AGRICULTURA E FORESTAL
Plan de reparación de pistas con agromerado en quente e cunetas de formigón..
Plan para mellora e conservación de pistas forestais.
Planificación de rozado e limpeza de cunetas como mínimo dúas veces ao ano..
Proxecto de posta en marcha para potenciar a producción de productos da horta , flor, froita….e a súa comercialización (asesoramento, formación, comercialización) .
Estudo de transporte colectivo para veciños do medio rural de parroquias máis desfavorecidas.
Plan de achegamento das Tics ao Medio rural.
Creación dun órgano xestor con axudas público-privadas para a limpeza de fincas
Construcción de depósitos para madeira nos montes.
Construcción e mantemento de depósitos e pistas contra incendios forestais.
Fomentar a concentración de propietarios de montes para a súa xestión conxunta e mantemento e limpeza dos mesmos e de pistas forestais.
Xestión ante a Xunta de Galicia e Goberno Central para mellorar os enlaces para a parroquia de Vilaronte.
Xestionar ante o Goberno Central melloras de seguridade vial para Nois e Cangas na N-642 (beirarrúas, acceso de peóns…).
Melloras para o veciños da Ermida (reparar traída de augas e remate de pista que une con Santa Cecilia)
12.- NOVAS TECNOLOXÍAS (Tics)
Fomento das Tics como medio de comunicación, información e tramitación administrativa.
Plan de formación nas Tics para empregados públicos, e veciños en xeral (plan de emprego).
Achegamento das Tics aos veciños do medio rural. (plan de emprego)
Wifi gratis para os centros públicos de Foz e Parroquias.
Xestionar con empresas de comunicación para dotar o medio rural de máis capacidade para a autopista da información (Internet)
13.- TRÁFICO E SEGURIDADE CIDADÁ. PROTECCIÓN CIVIL
Cambiar o sentido e as sinalización das rúas de Foz para lograr un desenvolvemento máis óptimo do trafico rodado.
Estudo de medidas para combatir os roubos domiciliarios.
Modificar ordenanza para facer bandos nocturnos, de cinco días a semana e permanentes
Semáforos con señalización acústica
Eliminación dos pasos elevados ilegais, por controles electrónicos de velocidade, con sinalización.
Reorganizar o funcionamento e medios materiais da Agrupación de Protección Civil (local, plan de formación, roupa de traballo, axudas…)
Ampliación dos Servizos da Policía Municipal e do seu persoal así como a creación do Servizo de Guindastre Municipal.
Potenciar a Xunta Local de Seguridade, como órgano efectivo para a seguridade cidadá.
Crear máis zonas de carga e descarga
14.- AFORRO ENERXÉTICO, ENERXÍAS ALTERNATIVAS E ALUMEADO PÚBLICO
Incorporar e fomentar o uso de enerxías renovables nos edificios municipais (Instalacío de placas solares, ..)
Plan de aforro enerxético en Edificios Públicos (alumeado, climatización…)
Estudo de planta de biomasa.
Instalación de lámparas led.
Estudio de transporte público comarcal.
Control de encendido e apagado de alumeado público (apagar lámparas no