UNIFOZ di que o monumento máis importante do Concello é inaccesible para veciños con discapacidade e da a coñecer o seu programa de
Nota de prensa
UNIFOZ, falará en San Martiño de Turismo a e accesibilidade, e das súas propostas de prorgrama para o medio rural., pois nesta parroquia onde está o munumento maís importanta do Concello (Basilica), é innacesible para os veciños con descapaciade, o moi difícil para as persoas maiores.
8.- TURISMO
§ Desenvolvemento de proxectos comarcais como Mariña de Lugo (16 concellos da Mariña)
§ Máquina limpia-praias mancomunada con outros concellos limítrofes, para ofrecer boa imaxe da nosa postal natural como son as nosas praias.
§ Plan de mellora e conservación do noso patrimonio , Basílica de San Martiño, Frouxeira, Castros de Fazouro.
§ Traballar na recuperación etnográfica como referencia turística (muiños, cabozos, hórreos, pozos….)
§ Profesionalizar as visitas guiadas a Basílica de San Martiño, coa creación dun posto de traballo como cuidadora da Igrexa de San Martín e guía turístico en colaboración co obispado de Mondoñedo.
§ Modificar impacto dos WC na area recreativa da Basílica de San Martiño.
§ Xestionar terreos para acondicionar e posta en valor do mirador do Pico da Lebre.
§ Creación dun PATRONATO MUNICIPAL DE TURISMO e desenvolver un plan estratéxico para potenciar a calidade dos servizos turísticos locais cun plan director para un turismo sostible
§ Desestacionalización do turismo: potenciar o turismo de saúde e deportes náuticos, vela, surf, piraguas, tenis, pesca deportiva… mellora do porto deportivo, plan de actividades naúticas e apostar pola gastronomía e servizos de calidade.
§ Mellora da páxina web do concello
§ Oficina de Turismo con atención os 365 días/ano. Creación de máis puntos de información turística
§ Impulsar e profesionalizar o turismo local
§ Potenciar e facilitar desde o Concello a creación de infraestructura hostaleira de calidade.
§ Sinalización, potenciación e mantemento de rutas de sendeirismo como a do Río Ouro, Centiño, Cornería, Praias…para que en colaboración coas Asociacións Os Sendeiros de Foz e Os Rueiros de San Martiño forme parte do noso proxecto turístico, para un turismo de 365 días.
§ Promoción do noso concello en naqueles eventos turísticos considerados de interese para o noso Concello, en colaboración coa ACIA.
§ Traballar no estímulo a construcción dun centro de talasoterapia e un campo de golf comarcal
§ Colaborar coas distintas asociacións, clubs deportivos e comerciantes para o desenvolvemento e mellora da cultura e as festas populares.
§ Plan e regulamentación dos espazos públicos no tema de actividades lúdicas, culturais e de festas para compaxinar o divertimento co dereito ao descanso.
§ Crear un albergue para a estancia de grupos culturales e equipos deportivos que se acheguen a Foz a mostrar a súa cultura ou realizar eventos deportivos. Escola de Nois, Obra Pia de Fazoro.
§ Programa para que os turistas que así o desexen podan ir a pescar acompañado dun profesional (crea emprego).
§ Xestionar aparcadoiros no entorno das praias con reserva para perosas con discapacidade (Praia de llas, Polas, Xuncos, Areoura,Area Longa….)
§ Dotar de servizo de cafetería a Praia de Llas.
§ Acondicionamento e melloras para a Praia de Pampillosa (accesibilidade, control de augas, limpeza do areal…)
§ Desenvolvemento de actividades coa A. Os Bolouros, dentro do proxecto turístico municipal.
§ Integrar dentro do Proxecto Turistico Municipal as programacións de Semana Santa de Foz e de San Martiño.(colaboración coa A. O Desencravo).
§ Sinatura de acordos con Universidades para a organización de xornadas relacionadas co turismo.
§ Potenciación do Turismo Rural



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



