Nota de prensa
A Deputación reparte máis dun cento de marquesiñas
na provincia que substitúen ás actuais con máis de 20 anos
– O actual equipo de goberno dá resposta así ás numerosas peticións formuladas polos veciños. A instalación depende dos Concellos, quenes determinarán tamén o lugar no que se situarán
– Son as primeiras 125 marquesiñas de madeira da provincia, o material máis aconsellado polos expertos, xa que garante a súa calidade e a súa durabilidade co paso dos anos
– Esta nova liña de cooperación, coa que a Deputación solventa unha das necesidades máis demandadas na provincia, supón un aforro no gasto corrente dos Concellos, xa que o organismo provincial asume a adquisición, aliviando deste custe ás arcas municipais
Todos os Concellos da provincia, agás o de Taboada, retiraron as marquesiñas que adquiriu a Deputación en resposta ás numerosas peticións realizadas polos veciños e polos Alcaldes dos 39 municipios que se adheriron a esta iniciativa impulsada polo organismo provincial. Esta é unha nova liña de cooperación que puxo en marcha o actual equipo de goberno, xa que as actuais presentan deficiencias e son practicamente inutilizables. Tal e así, que moitas destas infraestruturas contan con máis de 20 anos de existencia e nunca antes foran substituídas.
En total, nesta primeira tandada, a Deputación adquiriu 125 marquesiñas. A colocación corresponde ós Concellos, quenes determinarán tamén o lugar no que se situarán. A iniciativa está destinada a todos os municipios agás o de Lugo por ser que conta co maior número de habitantes e con máis posibilidades orzamentarias. Neste senso, supón un aforro no gasto corrente dos Concellos, xa que o organismo provincial asume a adquisición, aliviando deste custe ás arcas municipais.
Calidade e durabilidade
Son as primeiras marquesiñas de madeira que se instalan na provincia. A Deputación optou por este material porque é un dos máis aconsellables polos expertos, xa que resiste perfectamente a auga e soporta axeitadamente outras inclemenencias do tempo, máis habituais na época de inverno.
Ademais, as novas infraestruturas están realizadas de tal xeito que están preparadas para estar á intemperie máis de 10 anos sen ter que realizar ningún tipo de reparación. Neste senso, a parte de ter unha maior durabilidade, a súa capacidade tamén é maior con respecto ás existentes. Miden 2,60 metros de longo por 1,45 de ancho, de forma que poden ser empregadas por máis de 5 persoas á vez.
Distribución nos Concellos
En total, foron 39 Concellos os que se sumaron á iniciativa, que supuxo un investimento para o organismo provincial de 215.760 euros. Para a asignación das mesmas tivéronse en conta o número de habitantes, as necesidades dos Concellos e a seguridade vial. Neste senso, destináronse 2 ós Concellos que non superan os 3.000 veciños; 4 ós que teñen entre 3.000 e 6.000; e 6 ós que superan a cifra anterior. Asimesmo, para a instalación priorizarase as vías da rede viaria provincia e a ubicación en espazos públicos urbanos.
Segundo estes criterios, a distribución quedou do seguinte xeito: Abadín (2), Alfoz (2), Baralla (2), Becerreá (4), Begonte (4), Bóveda (2), Castroverde (2), Cervantes (2), Cervo (3), Chantada (5), Foz (6), Guitiriz (5), Meira (3), Monforte de Lemos (5), Monterroso (6), Navia de Suarna (3), Negueira de Muñiz (2), Ourol (3), Palas de Rei (4), Pantón (3), Paradela (2), A Pastoriza (5), Pedrafita do Cebreiro (3), Pobra do Brollón (2), Pol (2), A Pontenova (2), Portomarín (3), Quiroga (4), Rábade (2), Ribadeo (3), Ribas de Sil (3), Riotorto (3), Sarria (5), Sober (2), Taboada (4), O Valadouro (3), O Vicedo (2), Viveiro (5), e Xermade (2). En total, estes municipios realizaron 246 peticións.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



