Producións Mariñans Asociadas invítalles a estar atentos aos próximos e decisivos capítulos da serie de máis éxito da última tempada política¡ Amor, simples aventurillas, desamor, divorcios, traizón, celos, vinganza, dobres parellas, tríos e demais combinacións posibles…¡
O sábado, en Pactos a Gogó, constituironse os 15 concellos mariñans¡ Caben mais posibilidades de leala? Atentos ás múltiples e variadas posibles xogadas¡
Poderá soportar alguns que lle saquen a el e ao seu partido das principais institucións ? Non, non saquen conclusións precipitadas e continúen atentos ás súas pantallas.
Enemistaráse o BNG de Ribadeo coas forzas vivas Facendo un Plan Xeral de Ordenación Urbana sin concesions a construtores e donos de posibles solares, ahora que ten mayoría absoluta? Poderá o novo alcalde de Foz sostela e non emendala con un goberno en ampla minoria moito tempo, e que pasara con o Plan Xeral, el que tanto ten que ver con a construcción e os constructores? Aguantará á sombra de Cancio ou tratará de brillar con luz propia? Como se lle quedará a cara a Cesar Ala, Candia e outros cando se vexa na oposición aínda sendo a candidata máis votada? Esquecerán algún día que non pacta nadie con eles, e o porque do asunto? Hai algunha posibilidade de que ambos se reconcilien pero ¿ Cantos no seu partido responsabilizaranos do penoso resultado en Viveiro …el que como no corrido mexicano “Se creia el rey de todo el mundo”
Pero hai máis. A Diputación de Lugo e o posto de Diputado, tan sabroson, tan lucido e tan pagado, os mentideiros rumorean que no PSOE quere repitir Melchor Roel que repetiria tamen Comision de Goberno e area. ¿E o outro? Pois as papelas tenas Llano a exalcalde de Burela, pero os de A Pontenova, que son os unicos con mayoría absoluta na Mariña poderian pedir un diputado tamen. No BNG, que non se enteran de casi nada repiten diputado a pesar dos nefastos resultados que tivo en Barreiros. Tamen, por o mismo Ribadeo poderia obtar a un diputado, ou MNondoñedo.
E no PP? Pois falase de os alcaldes de O Barqueiro ou de Xove, e na parte oriental poderia ser alguen de Burela ou Lourenza.
Precaución: non levantarse nin ao baño nin á cociña. Están advertidos¡ Permanezan atentos ás pantallas¡ En calquera momento pode saltar unha noticia e pór a lume vivo os próximos capítulos dos alcaldes de A Mariña de Lugo.
Otero Regal



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



