Nota de prensa
INICIA A SÚA ACTIVIDADE A UNIDADE FIXA DE EXPLORACIÓN DO CANCRO DE MAMA QUE O SERGAS IMPLANTOU NO HOSPITAL DA COSTA
Este novo servizo permitirá que 9.000 mulleres de toda a comarca da Mariña se beneficien da mellora da calidade asistencial deste moderno equipamento
As primeiras pacientes citadas para acudir a este novo servizo pertenecen ao municipio mariñano de Trabada, que disporán dun autobús gratuíto para acudir á consulta
Burela, 20 de xuño de 2011.- A Unidade Fixa de Exploración do Cancro de Mama que o Servizo Galego de Saúde vén de crear no Hospital da Costa comenzará a funcionar na xornada de mañá martes, día 21 de xuño. Na súa última visita ao hospital de Burela, con motivo da celebración dos actos de conmemoración do XXV aniversario do Hospital da Costa, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, anunciara a intención do seu departamento de que neste mes de xuño se puxera en funcionamento unha unidade fixa de exploración do Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama, feito que se fará realidade mañá mesmo.
A Unidade de Exploración Fixa do Cancro de Mama do Hospital da Costa permitirá atender nas súas dependencias a máis de 9.000 mulleres de A Mariña. Estas máis de 9.000 usuarias do programa que se beneficiarán desta mellora desglósanse, por concellos, do seguinte xeito: 450 de Barreiros, 1.313 de Foz, 377 de Xove, 728 de Cervo, 1.098 de Burela, 1.936 de Viveiro, 317 do Valadouro, 269 de Alfoz, 185 de Trabada, 575 de Mondoñedo, 358 de Lourenzá, 1.123 de Ribadeo, 164 de Ourol e 275 do Vicedo.
As primeiras mulleres citadas polo Programa de Detección Precoz de Cancro de Mama para acudir a esta nova unidade hospitalaria pertenecen ao concello de Trabada. Todas elas foron citadas en horario de tarde e poderán facer uso dun servizo de autobús gratuito para acudir á súa cita.
A posta en marcha desta nova unidade no Hospital da Costa permitirá ofrecer un servizo de maior calidade, e con maior confort e intimidade para as pacientes, fronte a atención que ata o de agora viñan recibindo a través das diferentes unidades móbiles.
Co entrada en funcionamento da Unidade Fixa de Prevención do Cancro de Mama, que se atopa emprazada nas dependencias do Servizo de Radiodiagnóstico do Hospital da Costa, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde ratifican a súa aposta “para facer posible a ampliación da carteira de servizos e a potenciación deste centro hospitalario”. Unha liña de traballo que se manterá de cara ao futuro, para facer posible, tal e como dixo durante a súa última visita ao Hospital da Costa a responsable de Sanidade do goberno Galego “a ampliación da carteira de servizos e a potenciación do hospital”.
A conselleira de Sanidade afirmou entonces a importancia do traballo conxunto para atender aos mariñáns nos seus centros de saúde e no Hospital da Costa, “por iso potenciamos a capacidade de resolución dos profesionais de atención primaria, e o traballo conxunto cos do hospital”, manifestou.
Ampliación da carteira de servizos e mellora de infraestruturas
No ámbito da mellora asistencial que se seguirá a levar a cabo de cara ao futuro próximo, a Consellería de Sanidade tamén implantará ao longo deste ano vías rápidas de atención ao cancro de mama e de próstata, que se sumarán ás vías rápidas xa implantadas de cancro otorrinolaringolóxico e colo-rectal, e o proceso de insuficiencia cardíaca.
Para a Consellería de Sanidade tamén é fundamental para o Hospital da Costa a implantación e desenvolvemento das novas tecnoloxías, como a historia clínica e a receita electrónica, que se seguirán a potenciar pois supoñen un avance sen precedentes ao facer posible a implantación de melloras na imaxe médica, a telemedicina, ou o acceso a probas diagnósticas.
Ademais da creación da Unidade Fixa de Prevención do Cancro de Mama, a Consellería de Sanidade tamén levou ou está a levar a cabo outras iniciativas, como a total remodelación da planta de Xinecoloxía-Obstetricia, que comenzaba a funcionar hai uns días tras ser sometida a unha reforma integral, ou a renovación das cubertas e rampa de acceso ao Hospital da Costa, entre outras.
Todas estas iniciativas deixan patente o compromiso do goberno Galego de potenciar os hospitais comarcais e atender aos pacientes no lugar máis próximo, e no menor tempo posible.
Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama
O obxectivo do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, que desenvolve a Consellería de Sanidade, ten como obxectivo disminuir a taxa de mortalidade provocada por esta patoloxía entre as mulleres galegas incluidas no grupo de risco.
Grazas a este programa a maioría dos tumores diagnosticados en Galicia son detectados de forma precoz, o que significa que o programa está a cumplir os seus obxectivos e, sobre todo, que se mellora o pronóstico das mulleres afectadas.



















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



