Nota de prensa
A debate… 1ª sesión Plenaria
O Grupo Municipal do Partido Popular constituido tras as recentes eleccións municipais comeza con estas notas o que será unha actividade constante ao longo desta Lexislatura respondendo ao noso desexo de achegarnos aos veciños e dar conta do noso traballo e de cada unha das decisións que imos adoptar.
Dito esto, e polo que respecta a esta Primeria Sesión de Pleno, celebrada o mércores 15, se ben os asuntos a tratar non deixaban de ser de mero trámite respondendo na súa meirande parte ao desenvolvemento da labor do equipo de Goberno, dos Grupos Municipais e mais dos Concelleiros nos vindeiros anos, sí queremos salientar algún dos puntos da orde do día por consideralos de interese para os veciños: por un lado está o relativo á composición da Comisión de Goberno (órgano de Goberno do Concello), por outro está o punto relativo ás retribucións económicas dos Grupos e dos Concelleiros, e, finalmente, o referente á adicación exclusiva do Alcalde e á contratación de persoal eventual
Polo que atinxe á Composición da Comisión de Goberno, compre decir que o rexeitamento do noso Grupo á oferta do Alcalde para formar parte deste órgano Municipal tén a súa xustificación nos propios resultados das últimas eleccións Municipais, nas que os veciños, maioritariamente, decidiron que a responsabilidade de Goberno recaerá no Bloque Nacionalista, en tanto que a responsabilidade de facer oposición déuselle aos outros Partidos Politicos que concorreron ás eleccións. Así pois, dando cumprimento a este mandato dos cidadáns, entendemos que o noso sitio no Concello non é gobernar senón que é facer oposición, unha oposición leal, vixiante e esixente do traballo do equipo de Goberno, ofrecendo alternativas, propoñendo ideas e tendo sempre presente o interese do noso Pobo.
No que se refire ao tema das indemnizacions e compensacions económicas aos Grupos Municipais e mais os Concelleiros é na que a proposta do Alcalde supón unha reducción do 20% respecto da anterior Lexislatura, o noso Grupo, alonxándose dos plantexamentos demagóxicos que amosaron os outros Gupos da oposición, apoiou a proposta da Alcaldía compartindo tanto a necesidade destas retribucións económicas para preservar a independencia económica dos Grupos Municipais e máis dos Concelleiros das influencias que poideran provir de grupos de presión alleos, coma a necesidade da reducción que se aplicaba respecto da anterior lexislatura motivada pola grave situación de crise económica que atravesa a Sociedade Española no seu conxunto e da que a Administración non pode quedar allea.
Na proposta da Alcaldía referente á adicación exclusiva do Alcalde e na da contratación de persoal eventual ó servicio da Alcaldía, o noso Grupo municipal, se ben se abstivo por entender que eran éstas unhas decisións que caían dentro do ámbito de decisión do Alcalde, debendo ser el e o seu equipo quen asumiran a responsabilidade destes custos, fixéronse as seguintes precisións:
• respecto da adicación exclusiva do Alcalde, compartimos que a súa necesidade ven esixida pola propia idiosincrasia do noso Concello, no que as demandas dos cidadáns son cada día maiores, e nas que as obrigas do Alcalde esixen da sua presencia constante nos distintos puntos do Concello, agora ben, tamén salientamos que, de igual xeito que as aportacións económicas aos Grupos e aos Concelleiros se vira reducida nun 20% respecto da anterior Lexislatura motivado pola crise economica, sería aconsellable que de igual xeito a retribución económica do Alcalde se vira reducida na mesma medida. Proposta que non foi tida en conta.
• Polo que atinxe á contratación de persoal eventual ao servicio da Alcaldía, o posicionamento do noso Grupo dende o inicio da campaña municipal foi claro, no senso de que se nos governaramos non habería estas contratacións, entendendo que os concelleiros son dabondo (máxime sendo sete as persoas que integran o equipo de goberno) para atender os asuntos municpais, dito o cal, e como xa dixemos é esta unha decisión de gasto extraordinario da que deben responder ante os veciños o Alcalde e o seu equipo.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



