UN CONSELLO PARA OS NOVOS E VELLOS ALCALDE DE A MARIÑA
Agora que aínda estamos neses tan cacareados 100 días dos novos e vellos gobernos municipais de A Mariña, está claro que nalgúns lugares a cortesía política non existe ou téñena moi ben escondida entre as pernas, como sucede en Viveiro co PP, e bó recordar algo que fai tempo escoitei da boca dun politólogo que resume perfectamente o estado da cuestión respecto da participación dos cidadáns nas tarefas de goberno. A frase é clara e definitoria: Non hai bo goberno sen bos cidadáns.
Pois ben, seguindo o ronsel da frasecita encontrei un estudo Alberto ,encontrei un estudo, serio e ben fundamentado, no que analizaron as percepcións dos habitantes de 3 concellos sobre os seus gobernos e a conclusión é realmente interesante: Canto máis aberto é un goberno municipal, máis felices son os seus cidadáns e máis se implican na tarefa de goberno.
Esta terrible frase de Rousseau: Os ingleses crense libres, pero equivócanse , porque só o son durante as eleccións dos membros do Parlamento; desde que estas terminan volven ser escravos, non son ninguén. E no curto tempo da súa liberdade o uso que dela fan ben merece que a perdan?.
Precisamente no momento en que a democracia triunfou como o menos malo dos sistemas existentes e, xa que logo, como o único aceptable, os habitantes da maior parte das democracias actuais sentimos algo desta desazón roussoniana. Enrique Dans escribe que todos os partidos emiten unha mesma mensaxe electoral: “Unha vez que teño o teu voto, xa teño todo o que quería de ti. Agora, cálate e non molestes cabestro”.
Vendéusenos a democracia liberal como a única forma de democracia, pero estáse atopando con moi serios problemas de lexitimación, os cales non proceden tanto da súa incapacidade de producir desenvolvemento canto da inadecuación das súas institucións e prácticas aos anhelos e valores de gran parte da cidadanía do noso tempo.
A democracia liberal propón un goberno representativo que se lexitima pola súa capacidade para xerar dereitos civís, económicos e sociais dirixidos ao pobo, pero sen o pobo. Os cidadáns tomamos o rol de consumidores de servizos públicos, o que nos garante certo benestar e un grao de liberdade consistente en non sufrir as interferencias dos outros. O concepto de liberdade é, pois, puramente negativo e consiste en evitar trabas. Por outra banda, preténdese manter separadas as esferas do privado, onde os individuos exercen a súa liberdade, e do público, que se deixa en mans dos representantes políticos.
Neste réxime dáse por feito que un certo grao de corrupción é inherente á xestión dos bens públicos, pero que a renovación dos equipos de goberno pola vía electoral provoca algo así como unha periódica limpeza xeral. Os mellores dos políticos orientan a súa función a prover aos cidadáns-consumidores dos servizos que demandan, baixo o lema “give people what they want”, e sorpréndense cando descobren que, a pesar de facer o que a xente quere, a lexitimidade decae. A democracia liberal fomenta unha cidadanía irresponsable e insatisfeita.
Un na súa infinita inocencia recomendaría a estes políticos de A Mariña unha alternativa a esta forma de funcionar que chamaria republicanismo cívico,unha alternativa democrática ao actual paradigma dominante. En esencia, consiste en fiar as liberdades e os dereitos dos cidadáns, non á actuación dos profesionais da política, senón á virtude cívica dos propios cidadáns, que se comportan como axentes políticos activos.
Os republicanos son portadores dun patriotismo cívico distinto ao patriotismo constitucional dos liberais. Este patriotismo cívico non se conforma co respecto á legalidade, esixe sobre todo amor á polis e a súa demostración mediante a práctica das virtudes públicas que só pode facerse na política. A separación entre o público e o privado deixa de ser estanca e considérase que unha vida privada non pode ser digna sen exercer unha vida pública digna.
O republicanismo cívico (non confundir co partido republicano estadounidense). A política constrúese como un saber práctico que emerxe da interacción e as pequenas contribucións de moitas persoas, sen pretensións de verdade absoluta, cun espírito experimentalista e adaptativo, onde tan importante como os resultados é a aprendizaxe que se produce polo camiño.
Moitos consideran unha utopía calquera formulación deste tipo porque desconfían da sociedade na que viven. Algúns dirán que se trata de boas ideas para aplicar en Suíza ou en Dinamarca, pero que nunca comarca latina a picaresca vai incorporada no código xenético. Os que así opinan non coñeceron, ou esqueceron, outra realidade. Quen recordamos como era a vida nalgúns pobos de aquí mesmo, non fai tantos anos, sabemos que os pais ou os avós destes pesimistas coñeceron formas de organización social moito máis integradas e máis responsables. Esas formas perduraron durante séculos, mentres que o actual sistema urbano, liberal e responsabilizado, apenas leva dúas xeracións de dominio.
É boa verdade que non existirá un bo goberno sen uns bos cidadáns, como que non existirán bos cidadáns sen un bo goberno. Apréndese a exercer a cidadanía cando se adquiren responsabilidades na toma de decisións, e vaise lexitimando o goberno a medida que a toma de decisións déixase en mans de quen ven afectados por elas. É un círculo virtuoso no que nos témonos que meter. Sen comportamentos cívicos, non hai boa Administración que resista. A construción dunha ética cívica de inspiración republicana e dunha ética política e funcionarial que beba nas mesmas fontes constitúe unha tarefa intelectual e política sen dúbida estimulante.
Eu sigo pensando que a lista de valores que propuxen no seu día pode ser adecuada para ir configurando esa ética cívica, das Administracións, dos servidores públicos e dos cidadáns. Non porque sexa a lista perfecta, senón porque a considero o bastante retadora como para que poida provocar un debate quente. Teño tamén algunhas esperanzas de que avancemos na dirección correcta. Tal vez non haxa que esperar a que nos xubilemos e substitúanos unha nova xeración máis evolucionada.
Otero Regal






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



