NOTA DE PRENSA.
A ACD PENALBA E O COLECTIVO CHILINDRÍN informan en relación coas actividades levadas a cabo como consecuencia das Festas Patronais e do Mar de Celeiro 2011:
• CUCAÑAS E TIRADA DE CORDA.
O luns 25 de xullo, día do Apóstolo, ás 18:15 horas tivo lugar no porto de Celeiro a competición de cucañas, sendo claro gañador JACOBO PALMEIRO.
Embarcacións asistentes:
Posteriormente na Praia de Celeiro fíxose unha tirada de corda entre solteiros e casados; solteiras e casadas e rapaces en xeral.
A Charanga TASTARABAS amenizou no día as Festas de Celeiro.
Mañá 26 de xullo celebrarase a Santa Ana e á noite terá lugar a FESTA DA EMPANADA E DA MERLUZA no campo da festa.