<< Grazas AIMPNE
música sen barreiras >>
O pasado martes, co gallo da celebración do concerto de apertura do Curso Internacional de Música e Musicoterapia, que está a ter lugar en Mondoñedo, recibín unha distinción en forma de agasallo da man da presidenta da Asociación AIMPNE, organizadora do evento.
Esta asociación foi quen de demostrar, ano tras ano, que a música é unha ferramenta práctica e motivadora, que traspasa as fronteiras da comunicación convencional e actúa como un elemento estimulante, especialmente beneficioso para as persoas con problemas físicos, psíquicos ou sensoriais.
A distinción outorgada quero dedicarlla aos que son os verdadeiros protagonistas: nenos, rapaces, adultos con necesidades especiais, que durante os días que dura o curso, e nos distintos obradoiros, son capaces de crecer, gañar en convivencia e harmonía.
Falo con total sinceridade cando aseguro que, aínda agradecendo moitísimo o xesto, non son merecedor del, posto que as verdadeiras persoas a homenaxear son desde o primeiro ao último dos voluntarios que fan posible este curso: músicos, mestres, sanitarios, educadores, profesionais da psicoloxía, xornalistas, técnicos de son… e así un longo etcétera que conforman un equipo humano de enorme xenerosidade.
Fago extensible o agradecemento ao Goberno galego, quen decidiu darlle continuidade ao mandato parlamentario que promovemos no seu día, a petición do Grupo Municipal do PP, instándolle ao apoio á organización deste curso, e que se materializou en achegas de distintas consellerías e organismos autonómicos. E tan loable a finalidade desta actividade que animo a que outras administracións fagan o mesmo, como é o caso do Concello de Mondoñedo ou da Deputación provincial. Sumando esforzos, gañamos todos.
Finalmente fago un chamamento ao conxunto da cidadanía da Mariña lucense para que se interesen e se impliquen en actividades como estas que nos recordan que a solidariedade pode estar presente no día a día. Ao mesmo tempo, coa axuda de todos, contribuiremos a facer realidade, ano tras ano, este curso internacional, que dun xeito sinxelo, converteuse por méritos propios nun gran avance en materia de igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, pois traballan para integralas de pleno dereito, como non podía ser menos, nas súas respectivas sociedades. Integralas tamén cando se trata da garantir o goce da música, dos sons sen barreiras.


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



