Nota de prensa
O BLOGUE DO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DE RIBADEO CELEBRA O SEU PRIMEIRO ANIVERSARIO.
Ribadeo, 29 de xullo de 2011. Ribadeo Muller, o blogue do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Ribadeo cumpre este sábado, 30 de xullo, o seu primeiro ano de vida con arredor de 5.000 visitas neste tempo. Para conmemorar este primeiro aniversario o blogue vai incluír unha colaboración da xornalista, tradutora, investigadora e feminista mariñá Olga Castro. Así mesmo, desde hoxe, poderase acceder ao blogue Ribadeo Muller dende a propia páxina web do Concello de Ribadeo (www.ribadeo.org) a través dun banner propio co obxectivo de aumentar a difusión e o coñecemento desta ferramenta comunicativa en prol da igualdade.
Ao longo deste ano, este recurso electrónico converteuse nun elemento clave para a difusión das actividades realizadas pola área de Igualdade así como para dar a coñecer proxectos e políticas que se realizan noutras partes do Estado ou do mundo.
Mariluz Álvarez Lastra, concelleira da Igualdade, amosou a súa satisfacción polos resultados colleitados polo blogue ao longo deste primeiro ano de vida, “ter presenza na rede, un espazo, fixo posible que a información sobre as actividades da área de Igualdade apareceran reflexadas, tanto a súa convocatoria, como os resultados das mesmas. Incorporamos algunha foto do evento e facemos unha pequena valoración da actividade.”
Con todo, Álvarez Lastra, salientou que se trata dun recurso no que aínda hai aspectos que teñen marxe de mellora e neles se vai centrar o traballo de cara o futuro, “a falla de cobertura da rede no rural impediu que o blogue chegara a todas as casas. Outra deficiencia, é a brecha dixital. Aínda hai moitas mulleres que precisan dunha alfabetización dixital. Temos que seguir traballando nese aspecto. Este ano fíxose algún curso, pero temos que intensificar esa liña de traballo formativa . E tamén quixeramos incrementar a participación da cidadanía no blogue. Creouse un apartado específico para que se enviaran artigos de opinión, con escaso éxito. Agora os retos para o futuro son promover un blogue máis dinámico e rachar coa brecha dixital”.
O blogue Ribadeo Muller naceu o 30 de xullo de 2010. Catro anos antes, en 2006, vía a luz a revista do mesmo nome, que logo se transformaría en xornal, co obxectivo de difundir entra a veciñanza ribadense as novas do ámbito da igualdade que se producen a nivel local, galego ou estatal. Co fin de adaptarse ás necesidades económicas da área e máis ás novas tecnoloxías, o CIM e máis a Concellaría da Muller (actual Concellaría da Igualdade) deciden reconvertir esta plataforma informativa e convertila nun blogue.
O obxectivo principal co que foi creado o Ribadeo Muller permanece intacto: traballar en prol da consecución da igualdade real e efectiva na vila a través dunha ferramenta informativa adaptada a este tempo que pretende ser un recurso referencial na localidade no eido da Igualdade para as mulleres e homes de Ribadeo.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



