Nota de prensa
A Deputación de Lugo é a 5ª entidade local que máis fondos europeos recibe de España
– Gaspar Zarrías, Besteiro, Orozco e Corizo presentan as axudas da UE que, no caso da institución provincial, suman preto de 18 millóns de euros e dán continuidade ós obxectivos dos programas iniciados: creación de emprego, frear o despoboamento e consolidar o medio ambiente como recurso estratéxico para a provincia
– O Innova-TE e o Pacto Provincial polo Emprego, cuarto e quinto proxecto coa maior subvención do Estado respectivamente
– Dentro da convocatoria do Ministerio de Política Territorial para este ano, rexistráronse 204 candidaturas en España, das que 120 recibiron o apoio da UE con case 344 millóns de euros
– O Secretario de Estado anuncia que o Goberno Cental aumentará nun 14% o financiamento para as Corporacións Locais de España eb 2012, polo que a Deputación de Lugo recibirá 17,1 millóns de euros máis que o ano anterior e o Concello de Lugo 2,6 millóns
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Secretario de Estado de Cooperación, Gaspar Zarrías, acompañados do Delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, e do Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, presentaron este venres as axudas que recibiron tanto o organismo provincial como o Concello da capital da Unión Europea dentro da convocatoria do Ministerio de Política Territorial para este ano. Deste xeito, tanto o Secretario de Estado como o Presidente confirmaron que das 90 entidades locais que percibiron os fondos, a Deputación luguesa é a quinta de España que recibiu maior cuantía. En total, 17.781.162 euros cos que se executarán os tres proxectos concedidos que suman preto de 25 millóns de euros, e que dán continuidade ás liñas de traballo iniciadas na anterior convocatoria: conseguir a estabilidade demográfica, crear novos postos de traballo na provincia e consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica de Lugo.
Gómez Besteiro subliñou que a concesión, xunto co seu importe, é un éxito rotundo na xestión deste equipo de goberno. “Si hace cuatro años, en la Diputación conseguimos el 15% de los fondos europeos que venían para Galicia, este año duplicamos este porcentaje, captando el 30% de todas las ayudas para la Comunidad Autónoma. Por eso, los nuevos fondos es un reconocimiento al trabajo hecho. Son proyectos que están destinados a conseguir un efecto positivo en esa lucha contra los efectos perversos del despoblamiento, que se dirigen a superar ese déficit que existe en esta provincia, una sociedad dividida en dos grupos: los que tienen acceso a las nuevas tecnologías y los que no lo tienen, lo que se traduce en una brecha digital importante”.
O Secretario de Estado destacou que “se trata de fondos más ligados a actuaciones e inversiones y otros más vinculados a programas de formación. Todos conforman la pata de apoyo del Gobierno de España a los Ayuntamientos y a las Diputaciones”. Así mesmo, felicitou tanto ó Concello como ó organismo provincial pola xestión destas axudas, o que fai posible que “se encuentren en la parte superior del ranking del conjunto del país de fondos europeos. Sin duda han hecho bien sus deberes. Cuanto el comité evaluador analiza los proyectos que se presentan, tienen muy en cuenta el camino recorrido. En el caso de la Diputación ya disfrutó de fondos FEDER en la primera parte del marco comunitario de apoyo para el 2007-2013 y de Fondos Sociales Europeos. Esta evaluación, altamente positiva, ha sido determinante a la hora de aprobar el dinero que le corresponderá ejecutar”.
O presuposto total para a convocatoria 2011 de fondos europeos foi de 343.991.412 euros, para os que se solicitaron axudas por valor de 739.444.512 euros. Así mesmo, presentáronse 204 candidaturas, das que 120 recibiron o apoio da UE. A cantidade que percibiu Galicia ascendeu a 60,5 millóns de euros.
Proxectos punteiros en toda España
Grazas á confianza á confianza da Unión Europea e do Ministerio, este ano a Deputación iniciará a segunda parte do Innova-TE, o 4º proxecto de España ó que se lle concedeu a maior inversión: preto de 15 millóns de euros. O titular provincial subliñou que o Innova-TE colocou en menos dun ano á provincia nos primeiros postos da administración sen papeis en España. Explicou que grazas a este programa 38 Concellos xa dispoñen dun novo portal web e que, nesta segunda parte, se seguirá extendendo a banda longa nas Casas Consistoriais, malia que esta é unha competencia exclusiva da administración autonómica. Neste senso, apuntou que “ya hemos conseguido mejorar notablemente la conexión de Internet de 36 Ayuntamientos en los que, sino fuese por la Diputación, navegar por la red era prácticamente imposible”. Outras cuestións que o organismo provincial abordará na nova fase do programa tecnolóxico son as seguintes: máis formación sobre as novas tecnoloxías para os veciños e potenciaranse as actividades innovadoras de benestar social que melloran a calidade de vida da 3ª idade que ofrece o In Lugo, o primeiro centro de innovación social de todo el noroeste peninsular.
Trátase, segundo explicou Gaspar Zarrías, de que “nadie quede atrás en la sociedad de la información. La historia ha clasificado a los hombres como los que tenían tierra y los que no la tenían, los que poseían mano de obra y los tentadores de la misma. Hoy las diferencias ya no van ligadas a estas cuestiones, sino a la capacidad o no de poder acceder a estas tecnologías de información, que haya una nueva categoría de infopobres e inforicos en función de su acceso”.
Así mesmo, estas axudas permitiranlle á Deputación continuar co Pacto Provincial polo Emprego, o 5º proxecto de toda España e o 1º de Galicia que recibiu o maior importe dentro do Fondo Social Europeo. Máis de 3,5 millóns de euros cos que se formarán a 1.200 parados nos novos nichos de emprego. Tamén seguirá apostando pola sostibilidade ambiental como un recurso estratéxico e económico para a provincia. O programa Lug02, dotado con máis de 6,5 millóns de euros, permitirá consolidar o medio ambiente como a oportunidade económica de Lugo a través de novas iniciativas que se engaden ás xa desenvolvidas. É o caso da mellora da comercialización dos produtos autóctonos, da formación para axudar ós gandeiros a xestionar os residuos, facendo máis rendibles as súas explotacións, ou das primeiras 18 bolsas de traballo medioambientais da provincia.
Todos os proxectos conseguidos
A de Lugo é a única Deputación que Galicia que consegue o apoio de Europa para todos os proxectos presentados, sen ningunha exclusión, a diferenza do que ocorreu nas administracións provinciais de Pontevedra, Coruña e Ourense. No primeiro caso, dous dos programas presentados resultaron eliminados e, as outras dúas non contaron aínda co respaldo da Unión Europea para un dos proxectos presentados por cada administración dentro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Máis financiamento para 2011
O Secretario de Estado anunciou, ademais, que o Estado aumentará nun 14% o financiamento para os presupostos de 2012 das Corporacións Locais de España. Isto supón que os Concellos do país reciban 2.000 millóns máis que no pasado ano. Para á Comunidade Autónoma destínanse 128,3 millóns de euros máis que na anualidade anterior, 17,1 millóns para a Deputación; e 2,6 millóns de euros máis para o Concello de Lugo. “Los Ayuntamientos tienen dos vías de financiación: la que se deriva de los tributos propios –taxas, licencias, etc- y, la otra, que proviene de la participación en los ingresos del Estado. El Gobierno ha decidido que esta participación en los nuevos presupuestos crezca considerablemente. Se podía haber tomado la decisión de congelar esta participación, pero creemos que los Ayuntamientos juegan un papel clave en la lucha contra la crisis, para generar actividad económica y para crear nuevos puestos de trabajos”.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



