Nota de prensa
O deputado popular di que a Xunta está realizando un enorme esforzo en época de dificultades económicas para facilitar tamén a creación e consolidación de emprego na comarca
Balseiro subliña o compromiso do Goberno de Feijóo coa Mariña lucense a través do Plan Impulsa Lugo
Cualificada como unha das comarcas de investimento prioritario deste plan, os beneficios están a materializarse na achega de axudas e investimentos concretos que serven de salvavidas e apoio necesario a moitas empresas xa consolidadas ou de pulo para o inicio de novos proxectos empresariais promovidos por emprendedores.
A Xunta concentra un maior esforzo na axuda directa e diaria ás empresas e menos en facerse fotos, que é o único que parece importarlle as administracións do bipartito, cando desenvolve plans moito menos ambiciosos e de menor impacto positivo que o Impulsa Lugo.
A Mariña, 19 de xullo de 2011. O deputado popular, Jose Manuel Balseiro Orol, destacou hoxe o compromiso do Goberno de Feijóo co reequilibrio territorial a través do Plan Impulsa Lugo e sinalou que os seus beneficios están a materializarse na achega de axudas e investimentos concretos de apoio a moitas empresas da Mariña lucense, unha das áreas de investimento prioritario deste programa.
Para o dirixente popular, o Goberno da Xunta está demostrando unha clara aposta pola dinamización económica das provincias non atlánticas e realizando un enorme esforzo en época de dificultades económicas para facilitar tamén a creación e consolidación de emprego na comarca mariñá e no conxunto da provincia.
AXUDAS DIARIAS
Balseiro lembrou que o obxectivo do Plan Impulsa Lugo non é outro que facer unha discriminación positiva para captar investimentos; con medidas que por exemplo permiten que todos aqueles emprendedores que queiran investir na nosa comarca, teñen unha subvención máxima que pode chegar ata a metade do investimento necesario para poñer en marcha a empresa.
Balseiro quixo destacar tamén que os investimentos concretados no Plan Impulsa son diarios e están a servir de salvavidas e elemento de apoio a moitas empresas xa consolidadas, na súa estratexia de reflotamento, ou na apertura da novos nichos de mercado.
Ademais a diferenza doutros plans desenvolvidos no seu día por outras administracións bipartitas, este concentra un maior esforzo na axuda directa ás empresas, que é o verdadeiramente importante, e menos en facerse a foto que parece que é o único que lle importa e importaba ao bipartito cando desenvolve plans similares moito menos ambiciosos e de menor impacto positivo.
Só a primeira fase o Plan Impulsa Lugo logrou mobilizar 122 millóns de euros de investimentos que permitiron crear ou manter máis de 400 empregos, a maioría deles na Mariña lucense.
SEGUNDA FASE EN DESENVOLVEMENTO
O dirixente popular explicou tamén que o plan Impulsa xa está encamiñado a iniciar unha segunda fase, coa redacción do plan de competitividade que reforza a discriminación positiva e inclúe novas propostas concretas.
Trátase, polo tanto, dunha aposta polos sectores estratéxicos, polos emprendedores, pola modernización do tecido productivo, pola internacionalización das empresas, polas pequenas e medianas empresas e pola captación de inversores.
Balseiro tamén subliñou que, ao contrario do que sucedía durante a lexislatura do Goberno bipartito que non executou ningunha das actuacións previstas na Mariña no plan de reequilibrio, este xa está a dar o seu fruto na nosa comarca e ademais supón a implicación do Goberno galego de xeito pleno e transversal pois no seu desenvolvemento están involucradas todas as consellerías.
A MARIÑA COMO PRIORIDADE
Por último o dirixente popular lembrou que A Mariña lucense é “un gran activo da provincia de Lugo e de Galicia” e que é á comunidade a quen lle corresponde apoiala xerando novas oportunidades de progreso. De feito este Plan Impulsa Lugo “que aspira a aproveitar todo o potencial económico desta comarca e darlle novos folgos que fagan da nosa unha terra máis forte, máis competitiva e máis igualitaria”, concluíu
Balseiro exemplificou esta demostración de apoio no acontencido na presente lexislatura cando o Goberno que preside Alberto Núñez Feijoo decidiu multiplicar por dous as partidas específicas adicadas a impulsar investimentos na provincia de Lugo a través do Plan Impulsa Lugo. Así dos 12 millóns de euros incluídos no no presuposto de 1010 pasarase a 26,7 millóns de euros no presuposto de 2011, que hoxe están en plena execución.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



