Nota de prensa:
O Goberno galego cumpre coa súa parte, impulsando as redes secundarias de distribución de gas natural e as plantas de almacenamento, agora correspóndelle ao Estado facer o propio construíndo o gasoduto da Mariña
BALSEIRO CUALIFICA A NOVA PLANTA DE GAS NATURAL EN ALCOA COMO UNHA APOSTA ESTRATÉXICA E DE FUTURO POLO EMPREGO, POLA MELLORA MEDIO AMBIENTAL E UNHA MOSTRA DO APOIO DECIDIDO DA XUNTA Á PRINCIPAL EMPRESA DA COMARCA
O deputado lembra que foi o Grupo Popular quen demandou no Parlamento de Galicia a posta en marcha desta infraestrutura por considerar que A Mariña, as súas empresas e veciños teñen todo o dereito a beneficiarse das vantaxes deste combustible.
A Mariña, 14 de xullo de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol cualifiou a apertura da nova planta de almacenamento de gas natural no complexo industrial de Alcoa como unha aposta estratéxica e de futuro polo emprego, pola consolidación dunha mellora medio ambiental moi salientable e como materialización do apoio da Xunta á principal empresa da comarca.
EMPREGO E MEDIO AMBIENTE
Balseiro Orol significou que o considerable aforro acadado pola substitución do fuel-oil por gas natural contribuirá a facer máis barato e viable o proceso de producción da empresa e garantiza a continuidade do proxecto industrial nas próximas décadas, consolidando os postos de traballo actuais e xerando incluso novas oportunidades de emprego. Ao mesmo tempo, ao tratarse dunha fonte enerxética moito máis ecolóxica, permitirá a reducción substancial dos gases contaminantes, contribuíndo á mellora ambiental do entorno e ao cumprimento dos compromisos medio ambientais contidos na lexislación vixente.
COMPROMISO CO MOTOR ECONÓMICO DA MARIÑA
O deputado popular significou tamén que a mobilización de 2,6 millóns de euros na execución desta infraestrutura exemplifica o compromiso do Goberno galego con Alcoa, por canto estamos a falar non só da factoría que emprega a máis de 1.300 traballadores de xeito directo e outros tantos indirectos, senón tamén da industria que supón o 30% do produto interior bruto (PIB) de toda a provincia, o principal motor económico de Lugo e, por suposto, da Mariña lucense.
INICIATIVA IMPULSADA POLO GRUPO POPULAR
Jose Manuel Balseiro Orol lembrou tamén que o impulso a esta infraestrutura gasista é posible grazas a que no seu día prosperou unha iniciativa parlamentaria, promovida polo Grupo Popular, instándolle á Xunta á posta en marcha da mesma. Os populares sempre mantiveron que as empresas -para abaratar os seus custes de produción enerxética- e os veciños da Mariña -nas súas vivendas- tamén teñen dereito a acceder a esta enerxía moito máis eficiente, ecolóxica e barata.
A XUNTA CUMPRE, O ESTADO TAMÉN DEBE FACELO
Balseiro Orol salientou finalmente que coa apertura desta planta de gas natural o Goberno galego cumpre coa súa parte, impulsando as redes secundarias de distribución deste combustible e as plantas de almacenamento, pero que agora correspóndelle ao Estado facer o propio construíndo o gasoduto da Mariña, algo que podería facer, se ten interese e vontade, en menos dun ano. Á espera de que o Goberno central constrúa o gasoduto que corresponde, as redes de distribución de gas natural secundarias impulsadas pola Xunta e as plantas de almacenamento obterán combustible que chegará a elas a través de barcos cisterna ou a través da estrada.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



