Nota de prensa:
O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN INSTA DE NOVO Á XUNTA A QUE MANTEÑA A EXISTENCIA DAS ÁREAS SANITARIAS DA MARIÑA E MONFORTE
Antonio Veiga afirmou que “esta demanda xa se aprobou no Pleno Provincial hai case dous anos e nel o PP lucense tamén se mostrou a favor do mantemento das áreas sanitarias actuais”
Veiga advertiu que “a creación da Xerencia Única de Lugo é un ataque a sanidade pública na provincia sen precedentes”
Lugo, 12 de agosto de 2011. O nacionalista Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación, e fóra dos asuntos do día, instou á Xunta de Galiza a que no novo modelo de organización do sistema sanitario galego se garanta a existencia das Áreas Sanitarias da Mariña e de Monforte, mantendo o Hospital da Costa e o Hospital de Monforte como centros de referencia, coas competencias e servizos actuais.
Segundo explicou o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, “tralas informacións aparecidas na prensa e diante dos movementos da Consellaría de Sanidade, vémonos obrigados a reiterar unha demanda xa aprobada hai case dous anos polo Pleno da Corporación Provincial (no que, aínda que se abstivo na votación, o portavoz do PP mostrou a súa clara posición ao respecto de manter as Áreas Sanitarias) posto que a Consellaría de Sanidade, aproveitando o mes de agosto, iniciou o proceso de reorganización do mapa sanitario galego, aprobando xa por Decreto o pasado 1 de agosto a integración da Área Sanitaria do Barco e Verín en Ourense e a do Salnés en Pontevedra. Esta decisión da Xunta de Galiza non é máis que o punto de partida para completar o proceso de centralización dos servizos sanitarios arredor das sete cidades galegas e que antes de final de ano vai ter o seu correlato en Lugo coa supresión da área de Monforte e da Mariña”.
O deputado nacionalista indicou que esta decisión vai implicar “unha volta atrás de case trinta anos na atención sanitaria que reciben os veciños das comarcas de Lemos, A Ribeira Sacra e A Mariña na medida que a distancia da atención se vai incrementar ao volver a centralizar os servizos, pero tamén vai significar unha volta atrás para o resto dos veciños e veciñas da provincia que teñen Lugo como Hospital de referencia posto que vai colapsar aínda máis os servizos do mesmo”. Antonio Veiga continuou explicando que “non temos dúbida algunha de que a creación da Xerencia Única de Lugo provocaría unha merma de calidade asistencial que se lle presta á poboación, e isto non pode consumarse porque sería avanzar no desmantelamento de servizos, particularmente en algo tan importante e sensíbel como na atención sanitaria” .
Veiga afirmou que “non é discutíbel que a creación da Xerencia Única de Lugo é un ataque a sanidade pública na provincia sen precedentes xa que vai significar que moitos veciños tanto do sur como do norte da provincia van ter o hospital de referencia á máis dunha hora do seu enderezo , vai significar que moitas especialidades que até agora se prestaban nos centros de Monforte e de Burela deixen de prestarse ou vai significar que o persoal sanitario que até agora traballaba en cada unha das áreas poida ser desprazado ao longo do conxunto da provincia. En definitiva a posta en marcha da Xerencia Única de Lugo converterá ao Hospital de Monforte, que actualmente atende a máis de 35.000 persoas, e ao de Burela que atende a preto de 72.000 en ambulatorios grandes sen especialidades e colapsaría o novo Hospital de Lugo”.
O Vicepresidente da Deputación rematou facendo unha dupla chamada tanto ao Goberno Galego como ao PP de Lugo, “nós non imos meter o dedo na ferida, nin facer memoria sobre quen atinou ou dixo a verdade en relación con este tema, simplemente agardamos que o PP de Lugo se poña do lado dos veciños das terras da Mariña e da Ribeira Sacra e sexa coherente co que votou aquí e polo tanto defenda o mantemento da área sanitaria da Mariña e de Monforte”. Asemade engadiu que “agardamos que o Goberno Galego paralice os plans para o desmantelamento das áreas sanitarias do norte e do sur da provincia porque entendemos que as relacións entre as diferentes administracións deben de fundamentarse no diálogo”, mais Veiga advertiu que “ no caso de que avancen na folla de ruta deseñada terannos enfronte”.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



