Nota de Prensa
Besteiro e Roel supervisan a transformación de Celeiro dotada de 3 millóns de euros
– Como nova mostra deste cambio, Presidente e Alcalde avanzaron a apertura para outono do campo de fútbol e béisbol situado nunha zona onde anteriormente só existía varredura
– Xunto a esta instalación deportiva, o parque de bombeiros, a creación de servizos básicos, zonas verdes ou espazos de recreo completan a transformación de Celeiro
– Besteiro insta á Xunta a construír “infraestruturas do século XXI e non unha VAC” co fin de evitar que “as comunicacións dividan á Mariña nunha Comarca de dúas velocidades”
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, deron conta este mércores da suma de esforzos da institución provincial e o Concello para a transformación de Celeiro. Besteiro e Roel salientaron que o traballo conxunto entre ambas as dúas administracións en dito núcleo urbano viveirense “que hai 8 anos era unha escombreira” supuxo a creación de novos servizos por un valor total de 3 millóns de euros. É por elo, que o Alcalde agradeceu o compromiso do Presidente co Concello mariñano e incidiu en que “Besteiro non vén hoxe a Viveiro porque sempre estivo aquí. Deberíamos nombralo fillo predilecto”.
Os traballos impulsados por Deputación e Concello de Viveiro en Celeiro mediante distintos plans son os seguintes: acondicionamento e dotación do local de ensaio (48.000 euros); mellora do parque infantil (24.000 euros); urbanización e rexeneración da rúa Grande (250.000 euros); melloras no cemiterio (30.000 euros); pavimentación e servizos no camiño de acceso a Atalaia-Celeiro (61.180 euros); rexeneración do contorno do parque infantil de Lavandeiras (59.000 euros); saneamento da cuberta e dotación de vestiarios no pavillón deportivo (128.000 euros); reforzo do alumeado público (59.000 euros); mellora da Casa do Forno (210.000 euros); acondicionamento da área deportiva e recreativa en Lavandeiras (60.000 euros); renovación do alumeado público co obxectivo de reducir o consumo eléctrico (60.000 euros); adecuación e mellora do abastecemento de auga a domicilios na rúa Atalaia (60.000 euros); construción dunha nova instalación deportiva (256.000 euros); e posta en marcha do parque de bombeiros mediante o Consorcio provincial (1,7 millóns de euros).
Campo de fútbol-béisbol
Como nova mostra deste cambio, Besteiro e Roel avanzaron que en outono abrirá as súas portas a instalación deportiva que, a petición do Alcalde, está a ultimar o organismo provincial en Lavandeiras, nunha zona onde anteriormente só existía varredura e escombreiras. Trátase do campo de fútbol e béisbol impulsado por Roel, quen quixo que esta pista deportiva incorporase a posibilidade de practicar béisbol en resposta ás demandas dos veciños. Foi o equipo “Dominicanos de Viveiro” quen principalmente expuxo esta petición na “Casa do Emigrante” que a institución provincial levou a Viveiro xa en 2009 co fin de favorecer a integración deste colectivo, así como atender ós galegos residentes no exterior.
O Presidente e o Alcalde, acompañado polo Deputados mariñano, Lara Méndez e José Ramón Val Alonso, supervisaron dita instalación deportiva acometida en dúas partes:
– A 1º fíxose dentro do convenio entre Deputación, Concello e Xunta, impulsado por Besteiro e Roel, co obxectivo de dotar de infraestructuras urbanas e mellorar os equipamentos existentes de Viveiro. Presidente e Alcalde acordaron que unha das 7 actuacións deste acordo fose a creación do campo de fútbol por valor de 200.000 euros.
Tal e como establece dito convenio, o municipio fíxose cargo do proxecto, o organismo provincial da execución das obras e o Goberno galego do seu financiamento, contando para elo, con dúas anualidades e un prazo máximo ata o 30 de novembro para cada ano. Logo de que o Concello levase a cabo coa máxima axilidade a redacción desta iniciativa, a institución provincial acometeu as tarefas de acondicionamento, saneamento e drenaxe da parcela.
– A 2º e última fase enmárcase dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública. Besteiro e Roel acordaron en decembro que 1 das 23 actuacións do convenio de 1 millón de euros para Viveiro do mencionado plan, fose a dotación de herba natural e de equipamento deportivo (porterías, marcadores, bancadas..) para o campo de fútbol ó que incorporaron ademais, a posibilidade de practicar béisbol. A Deputación está agora a ultimar estas actuacións dotadas de 56.000 euros e financiadas ó 100% pola institución provincial.
A este respecto, o Rexedor avanzou que o vindeiro martes se procederá a instalación do alumeado e mobiliario. Ademais subliñou que as gradas e o palco que estaban afincadas na praza maior, empregados por exemplo para o Festival de Landro, pasarán a formar parte do campo de fútbol e béisbol “como medida de austeridade” .
Autovía e non VAC
O Presidente da Deputación aproveitou a visita a Mariña para trasladar a necesidade de vertebrar a Comarca única e exclusivamente con autovías. Besteiro instou a Xunta a facer da Vía de Alta Capacidade (VAC) unha autovía tal e como está a facer o Executivo central co Transcantábrica co fin de “evitar que as comunicacións dividan á Mariña nunha comarca de dúas velocidades” O titular provincial destacou que “con independencias dos prazos, o importante é non renunciar a este concepto que debemos defender todas as administracións para comunicar o litoral lucense con infraestruturas do século XXI. O corredor de San Cibrao non deixa de ser unha estrada normal e, no caso da Mariña, será un embudo. Viveiro volta a perder outra oportunidade”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



