Nota de prensa
MAITE: ‘O BURELA XA DEMOSTROU QUE CON EMPEÑO E ESFORZO SE PODEN CONSEGUIR MOITAS COUSAS’
A ala cacereña Maite García de la Montaña (1988), subcampioa da Copa de España Burela 2011 co Diamante La Rioja, será unha das novidades do Burela FS Pescados Rubén para a vindeira tempada en Vista Alegre. Entre adestramento e adestramento, a futbolista recoñeceu unha boa aclimatación á dinámica de preparación laranxa, que cualificou como “moi interesante e cunha alta carga de intensidade”.
Sobre a proxección do equipo na tempada a deportista estremeña confesou: “Creo que podemos manter a progresión do conxunto; conservamos a base dun cadro moi competitivo e sacrificado, que xa demostrou en numerosas ocasións que con empeño e esforzo se poden conseguir moitas cousas”. “Tocaranos un inicio moi duro, co campión da Copa España e o campión da liga nas primeiras xornadas. Sabemos que temos que afrontar o comezo do calendario sen presión, independentemente dos resultados, pero co Móstoles sairemos a gañar con todo porque o Burela FS ten algo pendente dende a Copa”, explicou a nova incorporación burelista.
Antes do 10 de setembro, a escuadra mariñá deberá superar os test de pretempada, coa fase previa da Copa Galicia e o torneo portugués Terras de Vermoim (3 de setembro) entre os amigables confirmados: “Será unha boa oportunidade para coñecer de preto o fútbol sala galego, á parte dos rivais da Primeira División, nunha cita que se lle dá moi ben ao Burela FS, ademais de medirnos á calidade lusa” expresou a cacereña.
“Intentarei contribuír aos obxectivos deste equipo co maior dos meus esforzos, con algún título como meta”, asegurou Maite facendo referencia ao “excelente ambiente dos adestramentos e á cómoda adaptación ao cadro laranxa”.
FOTO: Manuel Blanco, vicepresidente do CD Burela FS, xunto a Maite

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
