Nota de prensa
O próximo día 2 de agosto, a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, a través da Rede Museística, porá en marcha en tres dos seus museos: no Museo do Mar de San Cibrao,Museo Pazo de Tor e Museo de San Paio de Narla a terceira fase do proxecto “O arte de ser muller nun mundo por compartir. 3.0”. Nel participan un conxunto de mulleres artistas apoiadas polo equipo de traballo da Rede Museística; co obxectivo de facer máis visible as mulleres dentro do mundo da arte e aportar un grauiño máis a prol da igualdade de xéneros e do cumplimento da lexislación vixente ao respecto.
Esta fase do proxecto, logo das realizadas en Santiago de Compostela sendo a xenese de todo as reunións e actividades previas no Museo Pazo de Tor, vai ter unha duración de 27 semanas, cunha exposición colectiva no espazo ainda que non no tempo e rotatoria xestionada e organizada en base ao axioma do “custe 0” e o traballo traballo en rede. As primeiras artistas participantes van ser Sabela Arias, a súa obra queda definida en palabras da poetisa Gabriela Rodríguez: “A cunca do almorzo, o xampú e o espello do baño, os andeis cos libros, os pinceis, os tellados… Sabela Arias dá unha definición da propia vida, que non é máis que unha sucesión de pequenos xestos diarios, de obxectos insignificantes en aparencia, pero que, ao cabo, son os que realmente contan a nosa historia. Iso é Paisaxe Cotiá” e Montse Rego na que a súa obra titulada “La Grieta” podémola resumir decindo: “Somos gente de mar. El mar nos creó… …La Grieta es esa roca de ahí (…) y es lo más importante de neuestras vidas. Siempre a sido así. Somos la Grieta, la Grieta es nosotras. … Es un corte limpio que atraviesa la roca y en lo más hondo del cual se abre un agujero profundo un abismo. …Miraos. Y miradme. Vamos, mirad. No llevo puesto el cinturón de flores rojas, así que podéis ver cómo soy. Ahora mirad la Grieta, somos iguales: La Grieta y las Grietas. La Grieta, Doris Lessing”
A inauguración deste proxecto levarase a cabo no Museo Fortaleza San Paio de Narla o día 2 de agosto ás 5 da tarde, hora do café co así reflexa a obra de Sabela Arias.
Co proxecto “A arte de ser Muller nun mundo por compartir 2.0” dende a Rede Museística pretendemos dar visibilidade ás mulleres dentro do mundo da arte. Así mesmo queremos axudar ao cumprimento dos criterios de igualdade establecidos na legalidade vixente.
Este é un proxecto de custe 0 co que mostramos que se pode facer xestión cultural de calidade aforrando cartos que pertencen a todos os cidadáns e á vez traballar e axudar a aqueles colectivos que o precisan.
As artistas participantes nesta segunda fase do proxecto expositivo terceira fase do proxecto organizativo son: Sabela Arias,Julia Ares, Blanca Besteiro, Mercedes Cabada, Paula Cabaleiro, Montse Cea, Ana Costas, Yolanda Dorda, Cristina Fernández, Dolores Guerrero, Carmen Llonín, Rebeca López, Estefanía Novo, Ruth Núñez, Renata Otero, Elena Pendás, Xedes Peón, María Jesús Pérez, Laura Pernás, Noa Persán, Marta Prieto, Silvia Rodríguez, Montse Rego, Paula Salinas, María José Santiso, Magdalena Seixas, María José Vila.
O oito de marzo serviu para visibilizar as loitas e demandas que significaron avances na vida de millóns de mulleres creando novas formas de pensamento. Dende a Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, decidimos dende fai tres anos organizar unha programación con distintas experiencias, compartindo sempre un obxectivo en común: o desexo de superar a violencia e a pobreza para construír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade. Seguindo a programación estratéxica dun “Museo para todos entre todos” da Rede Museística e o sinalado na Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Nela establecese no se artigo 26.2 que os distintos organismo entes e demais estruturas das administracións públicas que de modo directo ou indirecto , configuren a rede pública de xestion cultural debemos desenvolver inciativas destinadas a favorecer a promoción específica das mulleres na cultura e a combatir a súa discriminación estrutural . Asi mesmo , a levar a cabo políticas activas de axuda á creación e produción artística de autoria feminina.
Os criterios que rexen este proxecto son os seguintes:
* Cada proxecto expositivo levase a cabo nos tres museos da Rede; San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor simultaneamente no tempo.
* O cuarto do Señor e da Sra en San Paio, o cuarto de convidados en Tor (empregado por Uxío Novoneyra nas súas visitas) e a sala de exposicións do Museo Provincial do Mar van ser os espazos a empregar.
* A duración será de unha semana en cada un dos espazos postos a disposición das artistas; rotando entre os tres museos.
* Comezará o día 1 de Agosto e as mostras realizaranse por orde alfabética.
O equipo de traballo esta composto por:
Cordinación e Comisariado: Encarnación Lago González.
Asesoramento Técnico: Mercedes Salvador Castañer, Blanca Pacín Somoza, Juan Ignacio Márquez Barros, Brais García Fernández.
Museo Pazo de Tor: Manuel González Pérez, María González Rivada, Ángeles Rivada González y Pilar López Pardo
Museo Provincial do Mar en San Cibrao: Amelia Pernas García, Angeles Cabarcos.
Museo de San Paio: Francisca Abuín Villar, Ana María Ferro Fernández Jesús González.
EXPOSICIÓN “ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR”
RELACIÓN ARTISTAS Y LUGARES Y DÍAS DE EXPOSICIÓN
| ARTISTAS | SALA DE COLOCACIÓN | ||||
| Tor | San Paio | Mar | |||
| 1 ao 9 de agosto | Sabela Arias | U | H | S E | |
| Montse Rego | I | H | S E | ||
| 9 ao 18 de agosto | Julia Ares | U | H | S E | |
| Yolanda Dorda | I | H | S E | ||
| 19 ao 27 de agosto | Mª José Santiso | U | H | S E | |
| Ana Costas | I | H | S E | ||
| 28 de agosto ao 5 de setembro | Cristina Fernández | U | H | S E | |
| Dolores Guerrero | I | H | S E | ||
| 6 ao 14 de setembro | Paula Cabaleiro | I | H | S E | |
| Renata Otero | U | H | S E | ||
| 14 ao 22 de setembro | Carmen Llonín | I | H | S E | |
| Rebeca López | U | H | S E | ||
| 23 de setembro ao 1 de outubro | Estefanía Novo | U | H | S E | |
| Ruth Núñez | I | H | S E | ||
| 2 ao 10 de outubro | Xedes Peón | U | H | S E | |
| Elena Pendás | I | H | S E | ||
| 11 ao 19 de outubro | Marta Prieto | U | H | S E | |
| Magdalena Seijas | I | H | S E | ||
| 20 ao 28 de outubro | Paula Salinas | I | H | S E | |
| Noa Persán | U | H | S E | ||
| 29 de outubro ao 6 de novembro | Mª Jesús P. Carballo | I | H | S E | |
| Blanca Besteiro | U | H | S E | ||
| 7 ao 15 de novembro | María José Vila | U | H | S E | |
| 16 ao 24 de novembro | Laura Pernas | U | H | S E | |
| Silvia Rodriguez | I | H | S E | ||





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



