Nota de prensa
O acordo entre PP e PSOE para pór un límite ao déficit público na Constitución parécenos negativo..
Esta decisión supón impedir con carácter permanente e irreversible a capacidade das administracións públicas para endebedarse, renunciando a un dos principais instrumentos con que os países europeos levantaron o estado do Benestar e os sistemas públicos sanitarios
Consideramos que esta medida terá consecuencias moi negativas para o sistema sanitario público:
1.- Impedirá que as administracións públicas poidan recorrer ao endebedamento público para construír infraestruturas sanitarias que requiren dun importante investimento inicial (capítulo VIN dos orzamentos) que é moi difícil afrontar sen recorrer ao endebedamento.
2.- Limitará a capacidade para adquirir e repor recursos e equipamento así como para desenvolver os plans directorios de mellora de hospitais e centros de saúde, que tamén precisan de investimentos
3.- Porá en risco a capacidade de mantemento dos servizos sanitarios , sobre todo en tempos de crise como a actual, dado que entre o 30-.40% do gasto das CCAA destínase a sanidade pública (son as administracións que maiores recortes están introducindo nos seus orzamentos) . Hai que ter en conta que o envellecemento da poboación e o incremento da dependencia vai supor un incremento na demanda de coidados sanitarios no futuro inmediato cuxa satisfacción obrigará a realizar investimentos en recursos.
Este interese no control do déficit contrasta coa continua diminución da presión impositiva, moi especialmente a dirixida ás grandes fortunas. Se se retiran impostos a quen poden pagalos e á vez imponse un curse ao déficit non é posible garantir servizos públicos de calidade
Tampouco parece razoable que un cambio constitucional desta entidade fágase sen consultar á cidadanía e son accións como esta as que favorecen o desapego da cidadanía ás institucións.
Por todo iso esta medida fará moi complicado a medio prazo o mantemento do sistema sanitario universal e gratuíto, como o que gozamos na actualidade e favorecera a privatización da Sanidade.
30 de agosto de 2011
FADSP
Federación de Asociacións para a Defensa da sanidade Pública























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



