Nota de prensa
O 13 e 14 de Agosto celebrouse na Pista Polideportiva Campo da Cabana o XVI Torneo de Baloncesto 5×5 “Vila de Foz 2011” no que resultou vencedor o equipo Bakanal, que contaba nas súas filas con xogadores do equipo LEB do Fuenlabrada, CB Celtas e CB Xove, que se impuxo nunha excepcional e intensa final por 38 a 26 a outro dos grandes favoritos como era o equipo de Viveiro Asesores, composto na súa maioría por xogadores do CB Xove e CB Viveiro e con Armando Otero ao seu fronte.Un torneo que destacou pola calidade e nivel de tódolos seus participantes con xogadores chegados dende distintes lugares da comunidade galega como Lugo, Santiago, Vilagarcía de Arousa e da xeografía española como , Barcelona, Madrid, Cádiz…
Os resultados do torneo foron os seguintes:
SÁBADO 13 11:00h. A MAX POBRE 53 27 AUTO ESCUELA MUNDIAL
12:00h. A VIVEIRO ASESORES 55 48 BAKANAL
13:00h. A MAX POBRE 49 40 FRUTAS MORRIÑA
14:00h. A AUTO ESCUELA MUNDIAL 26 35 VIVEIRO ASESORES
17:00h. CONCURSO DE TRIPLES /
CANASTRA MEDIO CAMPO
18:00h. A BAKANAL 53 33 FRUTAS MORRIÑA
19:00h. A MAX POBRE 37 43 VIVEIRO ASESORES
20:00h. A AUTO ESCUELA MUNDIAL 33 51 BAKANAL
21:00h. A FRUTAS MORRIÑA 48 44 VIVEIRO ASESORES
22:00h. A MAX POBRE 39 57 BAKANAL
23:00h. A FRUTAS MORRIÑA 60 30 AUTO ESCUELA MUNDIAL
DOMINGO 14 17:00h. Semifinal 1 BAKANAL 44 34 MAX POBRE
18:00h. Semifinal 2 VIVEIRO ASESORES 49 39 FRUTAS MORRIÑA
19:00h. PARTIDO EXHIBICIÓN CB BURELA
20:00h. FINAL BAKANAL 38 26 VIVEIRO ASESORES
Ás 21:00h fíxose a entrega de premios coa presenza de Mercedes González Alonso, Concelleira de Deportes do Concello de Foz.
As clasificacións finais foron as seguintes:
→1º CLASIFICADO: Bakanal
→2º CLASIFICADO: Viveiro Asesores
→3º CLASIFICADO: Max Pobre
→4º CLASIFICADO: Frutas Morriña
→CONCURSO DE TRIPLAS: Brais Paz (Frutas Morriña).
→CANASTRA MEDIO CAMPO: Alberto Méndez (Frutas Morriña)
→EQUIPO MÁIS DEPORTIVO: Auto Escuela Mundial
→MELLOR XOGADOR: Víctor Múñoz (Bakanal)
O torneo estivo organizado polo Concello de Foz, contando coa colaboración da Deputación de Lugo, Bar A Bolera e BFL Consulting Empresarial.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
