O Eido Dourado promove un concerto de jazz experimental que terá lugar hoxe ás 23 horas no cámping Gaivota en Benquerencia. Poderán disfrutar da música de Xandra Pinheiro, unha acordeonista de orixen portugués cunha traxectoria bastante longa; Pablo Sax, saxofonista galego que forma parte de distintos grupos de jazz; L.A.R. Lejido, un grande músico de Valladolid, que é batería, instrumento que combina con todo tipo de obxetos sonoros, desde campás, cuberterías de cociña ou xoguetes, “algo que resulta espectacular”, en palabras de Celso Dourado; e o compositor e pianista de orixen cubano Alejandro Vargas, que forma parte de diferentes grupos, soe acompañar a Guadi Galego e é coñecido tamén porque moitas das súas pezas son tocadas co piano tapado por unha manta, “nun proceso realmente espectacular”. O acto desta noite no cámping Gaivota é gratuito e aberto e “aquelas persoas amantes do jazz non dubiden en achegarse porque vai merecer a pena e vai ser un fito na Mariña de Lugo bastante importante pola calidade dos músicos que van intervir”, subliñou o promotor do concerto.




















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



