BURELA ADECENTA A TRAVESÍA MUNICIPAL Á SÚA ENTRADA DESDE CERVO. TAMÉN SE ESTÁ LIMPANDO O CAMIÑO DA VÍA E SE PROCEDERÁ A DESBROZAR A ESTRADA DE RÚA.
Burela, 24 de agosto de 2011. O Concello de Burela está levando a cabo nestes días actuacións tendentes ao acondicionamento e desbroce de determinadas vías de comunicación no seu termo municipal.
O alcalde, José María González Barcia, sinalou que “ se está procedendo ao desbroce da Travesía Municipal á súa entrada, procedendo de Cervo, para garantir a seguridade da circulación e do tránsito de peóns. Esta actuación realízase de forma periódica, desde que a principios de 2007 se procedera á ampliación da estrada en base a un convenio subscrito co Ministerio de Fomento”.
O rexedor engadiu que “ademais, nestes días tamén se están a realizar traballos de desbroce das estradas que son titularidade da Deputación de Lugo ao seu paso polo termo municipal de Burela, gracias a un convenio subscrito no seu día entre o Concello e o ente provincial”.
Finalmente, levouse a cabo a limpeza do Camiño da Vía, no tramo comprendido entre a Rúa do Cantiño e a praia do mesmo nome, actuación que foi solicitada pola Asociación de Veciños O Vencello.


















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



