De bestas, delincuentes e mafias
Os focegos, xentes sosegadas, pouco revolucionadas e aínda preguiceiras, estamos vendo alterarse o noso xeito tradicional de ser, pois dun tempo a esta parte asistimos a periódicas e insospeitadas alteracións do prácido discurrir dos días; novidades que nos chegan de forma prioritaria a través dos xornais e que en ocasións producen inquedanza e preocupación na cidadanía. Porque, ¿cál outra pode ser, por exemplo, a reacción da veciñanza ante os titulares que o pasado domingo ofrecían os diarios, relativos á posible presencia de “cuatreiros”, termo que supoñemos refírese ó castelán “cuatreros” nos nosos eidos, e que según o diccionario da R.A.E., na súa primeira acepción son “ladróns de cuadrúpedos”, ou bestas, e que nestas terras, de escasa nómina de animais desta especie, resultan exóticos, atípicos ….?
É certo que non é a primeira vez que os cuatreros actúan na nosa vila, e algunha desas faenas quedou rexistrada no anecdotario local. Foi alá polos primeiros anos 40 do século pasado cando a Emiliano da Cangalla roubáronlle un burro que tiña gardado na corte e que fixo que naqueles tempos tan miserentos o bó de Emiliano se vise obrigado a desprenderse da súa prenda mais prezada: un fermoso acordeón, decorado con debuxos de nácar, chegado de terras de alén mar. Ante as dificultades de achegar recursos para mercar un novo cuadrúpedo vendeo rifas para o sorteo do instrumento nun baile domingueiro no salón de Ramón María de Cao. É esta unha historia un tanto insólita e mesmo rocambolesca que algún día contaremos mais polo miúdo, que tivo un final feliz pois, pasados mais de 60 anos un día, inesperada e sorpresivamente alguen, por un casual, viu e recoñeceo o instrumento, que foi rescatado para o patrimonio familiar, onde dende entón permañece a bó recaudo, protexido por urna de cristal no salón de fogar focego, fora de Galicia.
Naqueles afastados tempos o vecindario de contado se enterou que merodeaban pola bisbarra os cuatreros: un feixe de infelices xitanos que fixeron a faena a Emiliano da Cangalla. O sorprendente é que hoxe, na era da comunicación, conscientes as autoridades da presencia de delincuentes do ramo pasaran seis meses sen que as mesmas tomasen as medidas de defensa recomendables nestes casos, informando de tal hipotético risco para que a veciñanza redoblara a súa precaución reforzando, por exemplo, os peches dos cortellos…e habendo ademais ameazas de ataque polo medio.
Posiblemente o problema das bestas, os delincuentes e as mafias, que expresou a voz da experiencia, sexa xa dende hai tempo. O que sabe, sabe…
Suso Fernández

















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



