Hai uns días que non saio do meu asombro. As palabras do Secretario do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, no seu artigo En Defensa da Sanidade Pública parécenme un dos maiores actos de irresponsabilidade política dos últimos meses.
Por unha banda, critica as medidas tomadas polo Goberno de España, avaladas pola Unión Europea e por todos os organismos internacionais, así como consideradas totalmente necesarias para superar a crise e conseguir que a nosa economía poidese medrar. É certo que non agradan a ninguén e menos a nós, os socialistas, pero a diferencia doutros políticos, si temos un concepto de país, sen necesidade de ir enarbolando a bandeira en calquera acto. Pensamos ante todo nas persoas, pois fomos elixidos para gobernar con sensatez e eficacia en nome de todas elas.
Pero debo recoñecer que ten toda a razón ó afirmar que hai dous modelos distintos de xestión: o que está a practicar o PSOE, tomando medidas que nos axuden a paliar a situación de crise e a saír adiante, e o estilo de Feijóo, o dun goberno que se engrandece ó falar de austeridade, cando en realidade o que practican é a política dos recortes en servizos de primeira necesidade. Presumen de aforro a costa das familias e de todos os traballadores.
A política austera da que se enorgullece o Goberno Galego, baseáse na supresión de prestacións en servizos esenciais, como son a educación, a sanidade e o emprego. Pero por se o señor Balseiro non se lembra dos recortes do seu goberno, podemos poñer enriba da mesa algunhas das últimas medidas tomadas polo equipo de Feijóo.
Non só se recortaron os presupostos, senón que paralizaron inversións e actuacións do anterior goberno, entre as que se atopaba a ampliación do Hospital da Costa, co que se conseguiría ofrecer novos servizos e reducir as longas esperas que a día de hoxe seguimos soportando. Como non o quixeron facer así, as listas seguen sendo insoportables e os máis de 72.000 mariñanos que acuden a este hospital teñen que ser trasladados, en moitas ocasións, a outros centros para recibir unha atención médica especializada, intervencións cirúrxicas e outras probas de diagnóstico. E ademáis de non mellorar, en lugar de manter o conseguido aínda o empeoraron, reducindo as peonadas dos profesionais e privatizando a construcción e a consecuente xestión dos novos hospitais.
O señor Balseiro fala de que unha das prioridades do seu partido e do goberno do que forma parte é a sustentabilidade da sanidade e a mellora da súa calidade, ¿cren vostedes que os feitos avalan as súas palabras?
Todos os recortes que levan adiante non só se reflexan en sanidade, a educación é outra das dianas ás que apuntan sen sentido. Non só eliminaron a gratuidade dos libros de texto, senón que están suprimindo as prestacións a pasos axigantados, todo o que se conseguiu mellorar no goberno anterior volve atrás por culpa da falta de rigor e ineptitude do equipo actual. Deron peche a 19 escolas rurais, seguiron, reducindo nun 50% o presuposto do programa Preescolar na casa, un servizo punteiro a nivel europeo para o que recortaron máis de 300.000 euros, perxudicando a unhas 1.200 familias e a uns 35 traballadores e rematan agora coa supresión de 67 centros de infantil e primaria e 14 escolas unitarias, o que suporá a perda de 200 postos de traballo.
Pero as consecuencias en materia de emprego non lles importan, neste tema a desidia é absoluta. Dan por feito que as súas competencias son asumidas por outras institucións, como a Deputación de Lugo, que está facendo un gran esforzo inversor para reducir o desemprego en toda a provincia. Os Concellos ven que a reacción da Xunta se fai esperar e moitos alcaldes, incluso do Partido Popular, vense obrigados a recurrir ó organismo provincial para poñer en marcha plans de emprego que lles axuden a activar a economía dos seus municipios.
Á hora de poñer en marcha unha política de aforro, hai moitas máis medidas que tomar antes de recortar en sanidade e educación, servizos básicos para a cidadanía. Balseiro e o Partido Popular demostran, unha vez máis, que unha das súas prioridades é fixarse nos demais e non tratar de solucionar os erros propios. Aparecen día a día nos medios confundindo ás persoas con datos malinterpretados e engrandecidos, transmitindo só a realidade que lles convén. Non se pode defender o indefendible.
José Ramón Val Alonso
Deputado Provincial do PSOE


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



