Nota de prensa
Arranca hoxe a 40 edición do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas Sargadelos 2011
– A Deputación, a través do CENTRAD, converte a Cervo na capital española da artesanía cun encontro no que, ata o 24 de agosto, participarán deseñadores de todo o mundo
– A Vicepresidenta Segunda inaugurará este xoves, 4 de agosto, a mostra “Modelos de Ulm 1953-1968” que acollerá a sala de exposicións da antiga fábrica de fundición de Sargadelos
Expertos en arte, deseño e innovación de España, así como especialistas mundiais na materia chegados de países como Korea ou Italia, danse cita dende hoxe e ata o 24 de agosto na factoría cervense de Sargadelos con motivo da celebración do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas. A Deputación, a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), fai posible a celebración da edición número 40 destas xornadas co obxectivo de xerar riqueza na provincia cun encontro internacional que pon en valor a cerámica lucense.
Cervo convértese durante o mes de agosto na capital española da artesanía. No Concello mariñá aloxaranse centos de persoas que participarán nas actividades formativas organizadas, onde prestixiosos artistas combinarán a elaboración de pezas coa presentación dos seus traballos. Serán un intercambio de experiencias co fin de impulsar futuros proxectos que contribúan a potenciar economicamente o sector da artesanía e o deseño.
Uns 30 deseñadores con gran repercusión a nivel mundial asistirán ó Taller. Entre eles, atópanse os representantes das principais firmas do país, profesionais que forman parte da nova xeración do deseño español:
Luis Eslava –estudo adicado á fabricación de produtos con formas experimentais-; Martín Azúa –artista vasco que colabora como deseñador para diferentes empresas, compaxinando esta actividade co traballo de experimentación e investigación que xa foi amosado en exposicións de Barcelona, Milán, Londres, Berlín, París, Viena, Estados Unidos, Tokyo, ou Pequín; Nadadora –empresa de Valencia especializada na creación de produtos e na proxección de obras de interiorismo ó deseño gráfico-; Díez+Díez –estudo madrileño adicado ó deseño do produto-; Cenlitrospormetrocadrado –empresa de Santiago de Compostela que basea a súa liña de actuación no deseño e na comunicación dende unha orientación humanista, atendendo a funcións de carácter emocional e social-; La Granja -estudio recoñecido polo seu talento creativo e traxectoria multidisciplianar. Conta cun equipo especializado en interiorismo, deseño industrial e na creación de montaxes efímeras para exposicións-.
Conclusións do encontro
Os participantes desta cita avaliarán a situación do sector e plantexarán propostas conxuntas que permitan a súa posta en valor. Esta será a folla de ruta do Centro de Artesanía e Deseño xa que a entidade dependente da Deputación terá a súa plena disposición este texto. Así o recolle o convenio que asinaron o organismo provincial e Sargadelos, un acordo mediante o cal a institución achegou 15.000 euros para a celebración da 40 edición do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas.
Así mesmo, no marco deste acordo e tendo en conta a relación que Sargadelos mantivo no pasado con Cuba, o CENTRAD fai posible que as xornadas conten con dúas prestixiosas deseñadoras do país latinoamericano, quenes amosarán ós asistentes do encontro o seu traballo e a súa experiencia profesional. Trátase de Mayelin Guevara e de Giselle Monzón. A primeira, adícase ó mundo da xoiería, empregando como base da mesma o círculo que, superpón, repite e interrelaciona tratando de lograr expresión de infinitude e dinamismo. Pola súa banda, Monzón encárgase de elaborar a imaxe visual das exposicións e eventos que se presentan no Centro de Desenvolvemento das Artes Visuais cubano.
Inicio de obradoiro
Este luns comezou ademais o principal obradoiro das xornadas: “Deseño Industrial, Arte e Gastronomía Contemporánea”. Trátase dunha novidosa iniciativa, que está dirixida por Marta Rois, e que consiste na análise da interacción entre o deseño e a gastronomía nas súas diversas vertentes, facendo fincapé nos obxectos especialmente concebidos para servir alimentos específicos: dende a taza de café ata a culler para tapas. O obxectivo é que os participantes aprendan a mirar doutra forma os alimentos e que afonden na concepción dos obxectos que optimicen a degustación tendo en conta as súas propiedades organolépticas e, por outra banda, as súas características físicas e estéticas.
Esta actividade terá unha duración de dúas semanas polo que rematará o vindeiro días 15 de agosto. Ata entón, o seu horario será de mañá, de 9:00 a 13:00 horas; os primeiros oito días terá lugar na fábrica mariñana, e os restantes na factoría que Sargadelos ten en Sada. Para elo, a entidade pon a disposición dos participantes as súas cociñas e o centro de documentación e a exposición permanente. Ademais, permitirá establecer novas vías de colaboración entre os expertos e Sargadelos, xa que unha vez finalizada esta etapa de toma de contacto, cada equipo, pola súa conta, desenvolverá o seu proxecto coa fábrica, que se considerará rematado cando as 6 pezas ou series se estén comercializando.
Inauguración da exposición
A Vicepresidenta Segunda da Deputación e promotora de dito convenio entre a institución provincial e a entidade ceramista, Lara Méndez, inaugurará este xoves, 4 de agosto, a prestixiosa exposición “Modelos de Ulm 1953-1968”. É un dos grandes atractivos deste Taller. Recolle os proxectos desta escola de deseño alemaña herdeira de Bauhaus, considerado o antecedente de Sargadelos. Permanecerá na sala de exposición da antiga fábrica de fundición da ceramista lucense logo de ser exposta no Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid. Mediante fotografías de gran formato, paneis de texto, pezas gráficas, bocetos de deseño, produtos ou vídeos, a mostra amosa a amplia variedade de enfoques teóricos desta disciplina alemana herdeira de Bauhaus.
Ulm foi un dos centros de deseño máis importantes do seu tipo. Adicouse á ensinanza, investigación e desenvolvemento no campo do deseño. A especial metodoloxía educativa contribuíu a definir o rol do deseñador industrial profesional e continúa influíndo na ensinanza do deseño a nivel mundial. A tecnoloxía e a industria foron enfocadas pola Escola como fenómenos culturais e as ciencias como a referencia central do deseño. Este innovador enfoque do deseño impactou no mundo dos obxectos do fogar e renovou a imaxe da República Federal de Alemaña co deseño dos Xogos Olímpicos de 1972.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



