Nota de prensa
ALFONSO FUENTE E JAVIER CASTIÑEIRA EXPUXÉRONLLE Á CONSELLEIRA DE SANIDADE A NECESIDADE DE MANTER OS TEMPOS DE ASISTENCIA AOS VECIÑOS DE MARIÑA COA AMBULANCIA MEDICALIZADA DE FOZ, UNHA VEZ QUE SE REORGANICE O SERVIZO.
Barreiros, 31 de agosto de 2011. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e o rexedor de Foz, Javier Castiñeira, expuxéronlle nas últimas horas á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, a necesidade de manter os tempos de asistencia aos veciños da Mariña coa ambulancia medicalizada de Foz, unha vez que o se reorganice o servizo.
Os rexedores lembran que “na base de Foz ata o momento estaban a operar pola noite dúas ambulancias, unha medicalizada e unha asistencial. Coa restructuración do servizo que prevé aplicar a Xunta será a medicalizada a que traballe durante a noite” e subliñan que “esa ambulancia conta co equipamento hospitalario necesario para atender as demandas que poidan xurdir e que a asistencial non podería cubrir, xa que ademáis irá acompañada dun médico”.
O alcalde de Foz e o presidente da Mancomunidade de Municipios consideran que “non se poden gastar recursos de xeito innecesario”. Castiñeira subliñou que “durante o día se fan o triple de servizos que durante a noite e os recusos son os mesmos durante o día que durante a noite, eso quere dicir que durante a noite hai recursos ociosos. Eso é insostible, non se poden manter recursos deste xeito. A Mariña estará perfectamente cuberta de noite coas 4 ambulancias coas que conta e coa medicalizada”. Ambos mandatarios municipais abogan “por optimizar na medida do posible para manter unha sanidade de primeira”. Fuente e Castiñeira sinalan que “as ambulancias medicalizadas en Galicia están ubicadas en lugares cunha poboación moito maior que a de Foz, polo que os veciños da Mariña nos temos que considerar privilexiados neste sentido”.
Sobre as críticas verquidas nos últimos días desde o PSOE e desde o BNG os rexedores manifestan que “nós o que queremos é que se manteñan os tempos de asistencia. Así consideramos que o servizo estará mellor prestado. Non permitiremos que o servizo empeore para os nosos veciños, porque entre eles tamén estamos nós e as nosas familias”. Fuente Parga engadiu que “ninguén pense que por estar no PP imos asentir con todo, pero neste caso vemos que se pode prestar un servizo de calidade. O que non quere ningún alcalde do PP é que ocorra o que xa está a suceder noutras comunidades autónomas nas que se están a pechar ambulatorios e pequenos hospitais”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



