Nota de prensa
Debido òs recortes que esta efectuando a Consellería de Sanidade no transporte sanitario urxente,concretamente na base asistencial de Foz coa supresión do turno de noite,nós,os traballadores de dita ambulancia vémonos na obriga de aclarar certos puntos importantes para que os cidadáns conten con toda a información posible:
1º.Di a Consellería que os servizos que a ambulancia asistencial deixará de facer pola noite pasarán a ser realizados ben polas ambulancias asistenciais da zona (Ribadeo,Mondoñedo e Burela) ou pola ambulancia medicalizada tamèn basada en Foz.Con esta medida,dicen,seràn capaces de respetar os tempos de asistencia que tiña a ambulancia de Foz e prestar o mesmo servicio que esta.Queremos aclarar que esto non è posible tal e como o plantexan por dous motivos:
-A ambulancia medicalizada non è un medio sustitutivo da asistencial senòn complementario,è dicir,realiza outro tipo de servicios (màis graves) e,polo tanto,non pode acudir às chamadas que habitualmente atende a asistencial.Ademàis esta ambulancia realiza servicios interhospitalarios polas noites (a pesar do que din certas fontes) sendo estes de caracter crìtico (graves e inesperados) e non programados (os programados realìzanse en horario diurno exclusivamente) polo que en moitas ocasiòns este vehìculo non se encontrarà na sua base.En caso de mandar ambulancias de zonas cercanas os tempos de asistencia se incrementan notablemente.
-A ambulancia medicalizada basada en Foz atende a TODA a comarca de A Mariña co cal serìa impensable cubrir servicios asistenciales en Foz,Barreiros e Valadouro (concellos que cubre a asistencial)e ò mesmo tempo realizar os servicios propios da UVI mòvil con toda garantìa.
2º.Outra das excusas que alegan è que as ambulancias do 061 forman parte dunha rede e cada un dos nodos que a conforman se poden mover por zonas axenas para atender urxencias en caso de estar a ambulancia adscrita a esa zona ocupada.Esto è certo pero se falta un dos nodos desa rede as asistencias non se realizan nas mesmas condiciòns pois haberà menos vehìculos para a mesma àrea a cubrir.
3º.Din que a ambulancia asistencial apenas se move pola noite polo cal non è tan necesaria:sò en Xulio fixemos 60 servicios pola noite e,no que vai de ano,levamos unha media de 33,4 servicios nocturnos.
4º.Cando diversas asociaciòns en defensa da sanidade pùblica e afines lles solicitaron òs responsables do 061 os estudos nos que se baseaban para efectuar os recortes estos dixeron que non os tiñan eles pois estaban en mans da Consellerìa de Sanidade.En plena era informàtica creemos que este feito è unha burla a todos os cidadàns:è moi sinxelo facer copias ou enviar estos estudos en formato dixital òs interesados.Estamos seguros de que os organismos responsables destos recortes non actuan con transparencia e preocupannos as medidas futuras que estàn pensando tomar pois estamos seguros de que seguiràn recortando ambulancias e horarios baseàndose nestos supostos informes.
5º.Inciden moito en que a ambulancia sò estarà parada en horario nocturno.Segùn a informaciòn que temos este horario comprenderà desde as 10 da noite ata as 10 da mañà.Teñan en conta que desde as 8 da mañà ata as 10 hai case tantos servicios como à 1 da tarde (todo isto se pode comprobar na web do 061).Por tanto podemos considerar que serà tan perxudicial a interrupciòn en certas horas da noite como a plena tarde.
6º.Din que à medida que vaian xurdindo incidencias o servicio se reaxustarà segùn conveña co cal estaràn esperando a que suceda algo realmente grave para volver ò estado actual.Poñer en perigo vidas humanas,creemos,non è xeito de mellorar un servicio tan importante como è o 061.
Esperamos que despois da reacciòn dos cidadàns a tal despropòsito a Consellerìa saiba rectificar a tempo e dea marcha atràs a unha medida que tan pouco aforro supòn en tèrminos obxectivos e tanto perxuicio causarà a sociedade.





















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



