Nota de prensa
O BNG PREGUNTARÁ EN PLENO POLA POSIBLE APROPIACIÓN DUN TERREO PÚBLICO POR PARTE DUN PROMOTOR INMOBILIARIO NA ZONA DO SAN BARTOLO.
Os veciños aseguran que puxeron a situación en coñecemento do concello de Barreiros sen obter ningunha resposta ao respecto.
Barreiros, 20 de agosto do 2011. O BNG tivo coñecemento nos últimos días dunha situación anómala nunha urbanización que se está construíndo en San Bartolo. Segundo comunicaron varios veciños, a empresa construtora está a levar a cabo as obras apropíandose, presuntamente, dun terreo público de uso veciñal no lugar de San Bartolo. Segundo indicaron “parece ser que o construtor presentou como propio o terreo público anexo á finca da que é propietario, en base a o planeamento catastral, para solicitar a licenza de obra e está obrando sobre o mesmo como se, de facto, fose da súa propiedade. Esta situación foi posta en coñecemento tanto do propio Concello de Barreiros, coma do propio catastro. Desdeo catastro tense iniciado un expediente, de cara a aclarar tal situación, no que, parece ser que se personou unha asociación veciñal, pero non se obtivo resposta da institución municipal”.
Desde o BNG entenden que “se o Concello de Barreiros ten coñecemento desta cuestión, debe velar polos intereses xerais e facer todo o que sexa posible para, en caso de que se esteña producindo esta situación, recuperar o terreo público en beneficio das veciñas e dos veciños e non en beneficio dun promotor privado”.
Ademais sobre a obra obxecto de debate existen numerosas dúbidas, xa que se ten incoado un proceso sancionador por parte de Augas de Galicia ao existir diversas denuncias sobre a actuación do promotor sobre o Rego do Lopo. Igualmente non se ten obtido información algunha sobre a existencia de licenza e os termos nos que esta se poida ter obtido.
Debido á preocupación existente entre as veciñas e os veciños da zona, o BNG preguntará en pleno polas circunstancias desta urbanización e non descartan solicitar un pleno extraordinario para tratar este asunto. Igualmente, solicitarase toda a documentación que obre en poder do Concello de Barreiros ao respecto desta urbanización. Desde a formación nacionalista aseguran que “o goberno municipal debe interesarse por este asunto de cara a defender os intereses xerais. Se esto se está a producir tal e como relatan as veciñas e veciños, o Concello de Barreiros estaría constatando unha deixadez de funcións absoluta e unha falla de respecto ás e aos cidadáns; antepoñendo os intereses dun promotor inmobiliario aos intereses das e dos barreirenses. Esta situación sería intolerable para un goberno elixido para defender os intereses das e dos cidadáns”, conclúenos nacionalistas.
GASODUTO: DESDE O BNG RECOMÉNDANLLE A ALFONSO FUENTE QUE ASUMA AS SÚAS RESPONSABILIDADES E DEIXE DE DESVIAR A ATENCIÓN.
Desde o BNG amósanse sorprendidos polas declaracións do Alcalde ao respecto do pleno no que se aprobou por unanimidade asumir como propias as alegacións veciñais. Entenden desde o BNG “que non son máis que excusas de mal pagador, cando trata de confundir novamente aos veciños desviando a atención cara a Deputación Provincial; tendo en conta que as responsabilidades da institución provincial están noutra orde e quen ten que preocuparse de defender os intereses veciñais é o goberno municipal; máximo canto hai dous membros do goberno cobrando do herario público: o propio Alcalde e o concelleiro de obras, que debería preocuparse de algo máis que de enchufar a familia no concello.” “Unha vez máis, con estas declaracións o Alcalde demostra que os problemas dos barreirenses non son as súas prioridades, tendo que ser o BNG quen dera resposta ás demandas veciñais e lles garantira os seus lexítimos canles de participación”, aseguran os nacionalistas.




















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



