O colectivo Cultural Buril organiza as I Xornadas de Historia Local de Burela
Nota de prensa
I XORNADAS DE HISTÓRIA LOCAL. BURELA 2011. DO 9 AO 11 DE AGOSTO
RESUMO
O Buril organiza as I Xornadas de História Local de Burela que se desenvolverán entre o 9 e o 10 de agosto. As actividades que se levarán a cabo serán fundamentalmente palestras divulgativas sobre distintas temáticas, e terán lugar todas elas ás 20:30 horas na Sala de Conferencias de Burela (Antiga Biblioteca) aínda que tamén realizaremos un roteiro pola Vila do Medio e Vilar o día 11, con saída ás 16:30 h. da igrexa da Vila do Medio.
PROGRAMA:
* Martes 9. 20:30 h. Burela na Idade Media. Pedro de Bolaño, señor da Casa Forte de Burela. Xosé Ramón F. Pacios.
* Mércores 10. 20:30 h. José Antonio Lestao (1893-1974): Referente do ensino en Burela. Bernardo Penaba Rei
* Xoves 11. 16:30 h. Os nomes de lugar en Burela. Roteiro pola Vila do Medio e Vilar. 20:30 h. Talasonimia da costa sur de Galicia. Modelo para a recuperación da toponimia tradicional en Burela. Xosé Lois Vilar Pedreira.
INFORMACIÓN DETALLADA DA XORNADAS
O Colcectivo Cultural Buril organiza as I Jornadas de História Local de Burela, que se desenvolverám entre o 9 e 11 de Agosto. As actividades que se levarám a cabo serám fundamentalmente palestras divulgativas sobre distintas temáticas, e terám lugar todas elas às 20h30 na Sala de Conferências (Antiga Biblioteca), ainda que também realizaremos um roteiro pola Vila do Médio e Vilar o dia 11, com saída às 16h30 da igreja da Vila do Médio.
Estas jornadas que botam a andar pola primeira vez em Burela neste ano 2011, pretendem recuperar e pôr em valor etapas, feitos e pessoas destacadas da história da nossa vila, para assim poder comprendermos as peças chave que contribuirom à configuraçom do nosso devir através dos anos. Entendemos que nom hai povos sem história, mas para que os acontecimentos que nos precederom podam ser conhecidos, estudados e analisados devemos recolhe-los, compila-los e escreve-los. É por isso que o Buril quer contribuir na medida das suas modestas possibilidades a ampliar os estudos de carácter histórico que outros e outras já figerom sobre Burela.
As jornadas nom estám dirigidas exclusivamente a estudiosos e estudiosas especializadas, por isso atendem a um enfoque principalmente didáctico para que sejam acessíveis ao público em geral e a todos os vizinhos e vizinhas de Burela, pois eles e elas som sujeitos activos no próprio processo de desenvolvimento histórico.
O martes/terça-feira, dia 9, darám começo as jornadas com umha palestra sobre umha das estapas mais cruciais na história da Galiza. Xoán Ramón Fernández Pacios falará sobre a Burela da Idade Média, centrando-se na figura de D. Pedro de Bolanho, personagem fundamental no litígio pós-Pardo de Cela com os Reis Católicos.
O mércores/quarta-feira, dia 10, poderemos achegar-nos a umha pessoa de vital importáncia no desenvolvimento económico e educativo na Burela do século XX. Bernardo Penabade Rei, achegara-nos a José Antonio Lestao (1893-1974), presidente do Pósito de Pescadores de Burela durante vários anos e homem de profunda vocaçom humanista que desenvolveu um papel importante no campo educativo em Burela.
O xoves/quinta-feira, dia 11, concluem as jornadas com umha visita à Vila do Médio e Vilar, para dar a conhecer a abundáncia de nomes de lugar que existem nestes dous espaços da Burela histórica. No roteiro farám de guias os vizinhos e vizinhas mais maiores destes lugares, pois eles e elas som os que melhor conservam este aspecto tam importante do nosso património. As pessoas interessadas em participar, poderám achegar-se às 16h30 à igreja da Vila do Médio, lugar no que dará começo o roteiro. A seguir a esta visita, Xosé Lois Vilar Pedreira dará umha palestra sobre o trabalho de campo desenvolvido na costa sul da Galiza que deu como resultado o livro Talasonimia da costa sur de Galicia. Vilar comentará os aspectos fundamentais neste tipo de trabalhos sobre a micro-toponímia e ilustrara-nos com exemplos concretos que poderám servir de modelo para futuros trabalhos deste tipo em Burela.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



