Nota de prensa
O PPdeLugo inicia esta semana a preparación das vindeiras eleccións xerais
O calendario preparatorio, que arrancará este venres na Mariña, inclúe a celebración de reunións comarcais con cargos electos que estarán presididas por José Manuel Barreiro
Lugo, a 9 de agosto de 2011.- O Partido Popular de Lugo principiará esta semana a preparación das vindeiras eleccións nacionais previstas para o vindeiro mes de novembro.
A dirección provincial consideran especialmente trascendente para o futuro do país a nova cita electoral do 20-N dado o contexto económica existente e a anómala situación política, cun goberno en funcións que se amosa incapaz de promover un cambio de tendencia que permita sacar ó país deste escenario e encauzalo hacia unha pronta recuperación que conleve a activación económica e, sobre todo, a creación de emprego. Esa trascendencia engadida que teñen este comicios pola especial coiuntura fará que o Partido Popular de Lugo prepare con máis minuciosidade e intensidade se cabe este proceso electoral.
Así, o vindeiro venres iniciarase un calendario de reunións comarcais, presididas polo presidente provincial José Manuel Barreiro, que perseguirán un dobre obxectivo. Por unha banda, o xa aludido desenvolvemento do plan de preparación da nova campaña, e por outra o fomento de foros de reflexión e posta en común nos criterios de actuación dos novos representantes do Partido Popular no ámbito municipal derivado das eleccións locais. Dada a importante renovación levada a cabo nos concellos, para a dirección provincial é fundamental propiciar foros de encontro entre os seus cargos electos para que intercambien experiencias e propostas.
O feito de que tras as municipais os populares incremantaran notablemente a súa representación na provincia ata acadar o 47 por cento dos sufraxios, foran, de feito, a forza máis votada en 50 dos 67 concellos, o que lles permite e gobernar en 44 concellos, fai que as perspectivas de cara as nacionais sexan optimistas. Tanto é así que agardan incluso poder mellorar os resultados obtidos en 2009, que lle otorgaran ó PP tres senadores e dous deputados.
O primeiro deste encontros comarcais desenvolverase na Mariña. O lugar elexido para albergar a xuntanza é a casa da cultura de Foz a partir das 13 horas e nel participarán, ademais dos alcaldes e concelleiros da zona, os máximos responsables do partido no ámbito provincial, o presidente José Manuel Barreiro e o secretario xeral José Manuel Balseiro, entre outros.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



