Nota de prensa:
Balseiro lembra que a tardanza no despregamento destes medios é consecuencia do restrado do Ministerio na convocatoria da reunión na que se decide e establece o operativo lóxistico e humano que aportan as distintas administracións
O PP FELICÍTASE PORQUE O BUQUE DE TITULARIDADE AUTONÓMICA SEBASTIAN DE OCAMPO XA EFECTÚA TAREFAS DE APOIO E ASISTENCIA Á FLOTA QUE PARTICIPA NA CAMPAÑA DO BONITO
O Grupo Popular rexistrou iniciativas para obrigar ao Ministerio a coordinar os medios lóxisticos a despregar antes do inicio da campaña e para esixirlle a que estes acompañen ás embarcacións desde o inicio ao fin da costeira.
A Mariña, 4 de agosto de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, deu a coñecer hoxe que o buque de titularidade autonómica Sebastian de Ocampo xa acompaña á flota que participa na costeira do bonito e continuará facendoo todo este mes, desenvolvendo tarefas de apoio e asistencia ao persoal embarcado. De feito, a tripulación deste buque, composta por buzos, técnicos e mecánicos se encargará de resolver calquera incidencia que poida producirse nas embarcacións que participan na costeira estival deste túnido.
Jose Manuel Balsiero lamentou que nesta ocasión os medios de apoio non puideran acompañar á flota boniteira, como era habitual, desde o inicio da actual campaña, a mediados do mes de xuño, debido á tardanza do goberno central en convocar a xuntanza de coordinación na que se decide e establece o operativo lóxistico e humano que aportan as distintas administracións. Esta reunión adoitaba a celebrarse semanas antes da saída dos barcos ao mar pero nesta ocasión non foi así. A propia Consellería do Mar remitiu unha carta á Secretaria General del Mar, preocupada pola situación e pola falta de resposta ante o ofrecemento dos medios de titularidade autonómica.
Cabe lembrar que non só o retraso na posta en marcha desta reunión provocou grande malestar no sector así como recorrentes críticas do Grupo Popular. Tamén a falta de compromiso do propio Ministerio que non foi quen de garantir durante toda a costeira a presenza dos seus medios navais. Durante varios días e incluso semanas o buque hospital e o buque da armada, propiedade do Estado, tampouco acompañaron á flota provocando unha situación de desprotección evidente.
Para evitar que esta situación poida volver a darse, o propio voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, xa rexistrou sendas iniciativas parlamentarias dirixidas a obrigar ao Estado a convocar esta reunión de coordinación con carácter previo ao inicio da costeira e a garantir, polo tanto, que os medios navais das distintas administracións acompañen en todo momento á flota, desde o inicio ao fin da campaña.
En contraste coa falta de compromiso do Goberno central, a Xunta puxo a disposición no prazo convido o buque Sebastian de Ocampo, así como os dous helicópteros de Gardacostas, o Pesca I e o Pesca II. Neste caso apoiando ás emabrcacións que se atopen dentro do seu radio de acción, na fachada atlántica galega e tamén na parte oeste do Golfo de Biscaia máis próximo a terra. A Xunta de Galicia recuperou tamén as campañas de promoción do túnido entre os consumidores, que o goberno bipartito non desenvolveu en varias ocasións durante a pasada lexislatura.

















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



