COMUNICADO DE PRENSA
PSdeG – Psoe de O Valadouro. Grupo Municipal.
En resposta as declaracións efectuadas po lo Señor Alcalde
de OValadouro en relación con a moción presentada para unificar
os dous C.E.I.P.S. do Val queremos manifestar o seguinte;
No noso animo no esta xerar ningunha polémica,
simplemente poñer a debate solucións para un problema real como
e a perda de profesores nos dous centros de ensino. O que o noso
entender con leva unha importantísima merma na calidade do
mesmo. Iso e o que se expón na moción, que como se sabe no
transcurso do debate pode ser emendada, aprobada ou rexeitada.
Nada mais lonxe que pretender enfrontamentos con os veciños de
Alfoz, todo o contrario en isto como en outras moitas cousas
estamos “condeados” a entendernos ou a desaparecer.
Non pedimos o peche de ningún colexio, propoñemos de boa
fe a ubicación no de Ferreira dado que o centro da E.S.O. esta en
Alfoz. A esta frase se agarran os dous Alcaldes para desviar o
fondo do debate alimentando así un localismo “bananero” que tanto
dano nos leva feito. Lembrámoslle tamén a o Señor Lamela que nos
facemos proposicións que lle poden gustar mais ou menos a él e a
o seu colega de Alfoz, pero po lo de agora no presentamos nunca
ningunha alegación nin recursos que puideran danar os lexítimos
intereses de Alfoz. Cando xe fixo o centro da E.S.O. ningún recurso
interpuxemos, ningunha alegación presentamos. No sabemos si o
señor Alcalde lembra o ocorrido cando se expuxo a o publico o
proxecto do parque industrial que compartiamos con Alfoz. Aquela
alegación firmada po lo “ofendidisimo” Señor Lousas si foi lesivo
para os nosos intereses. As relacións con Alfoz son e deben de ser
correctas, e de colaboración pero iso non implica sumisión por parte
de ninguén, e por suposto si o Grupo Municpal Socialista entende
que se actúa de forma incorrecta con Valadouro vai a seguir
dicindo. Que o que queren, calarnos? Non queren que os veciños
saiban as actuacións lesivas que o goberno de Alfoz tubo con nos?
(retraso no pago da parte correspondente a o canon dos vertidos no
punto limpo, ou que non saibamos a dia de hoxe que pasou con a
pala mixta que compartiamos) Pos miren iso non, colaboración toda
e mais sumisión non nin a primeira. Non vamos a retirar a moción
porque creemos que a solución mais duradeira e mais efectiva e a
unificación dos dous C.E.I.P.S. , si vamos a emendala e suprimir o
parrafo que tan torticeranmente están usando os dous alcaldes.
Non e un problema de ubicación entre ambos centros hai
aproximadamente 4 km. Os nenos de Alfoz viñeron ata agora a
gardería de Ferreira que esta a o lado do C.E.I.P. Os rapaces de
Ferreira van o centro da E.S.O. que esta en Alfoz e nunca houbo
problemas. Vamoslle a engadir tamén a moción unha proposta a
maiores. Se a raíz da unificación dos C.E.I.P.S. quedaran algún
inmoble baleiro que se empece a estudar a posibilidade da súa
reutilización (centro de dia para os maiores, incluso algunhas aulas
de formación continua para os parados de longa duración etc.)
Tamén para utilizar conxuntamente os dous concellos.
Rematamos reiterando o noso respeto po los veciños de
Alfoz. Xamais tubo na nosa intención lesionar os seus intereses,
nunca o fixemos nin o vamos a empezar a facer agora. Esta moción
presentase en positivo, a unica intención e mellorar a calidade do
ensino dos nosos nenos, de todos os nenos. Ocorrencias de verán
son outras, e solen telas outros. Xa lle recordaremos algunhas a o
noso rexidor, o acordo que se pretende dende logo non e para este
curso e un debate para o futuro. Aproveiten para facer demagoxia e
atacarnos, estas cousas si que pasan axiña como tormentas de
verán lamentablemente os problemas non. Mais lembren que o
tempo e un gran xuíz a el nos remitimos


















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



