O SAN LOURENZO HAI 50 ANOS
Para as festas do San Lourenzo de 1961 (hai 50 anos) editárase un libro, en tamaño coarto, que na portada, baixo o slogan “Villa ideal en la Costa Verde”,lucía unha fermosa fotografía na que unha espectacular onda do mar batía contra o muro da Rapadoira, a carón da farola. Encétanse as páxinas interiores con un Saluda do alcalde Pepe Beltrán, que comeza así: “Galicia. Lugo. FOZ, soberbio panorama de suelo, azul río de mansa corriente y de orillas plenas de poesía. De ensueño. Mar enorme de oliñas que veñen e van… sus montañas, Cornería, Pico da Lebre, más allá Mondigo, semejan fantásticos caprichos de la Naturaleza. Majestuosas escarpadas, lindas, algo sublimes sus costas cinceladas por divino pincel. Pinares frondosos, campiñas en flor, “cruceiros”,casonas, hórreos. Esto es Foz”.
A Comisión de Festas, encabezada polo Alcalde que é presidente de honra, seguido dos 20 membros da mesma, con nomes e apelidos. Conchita Muíña, que foi primeira encargada da biblioteca, inaugurada había un ano, informaba que nese tempo pasaran por ela mais de 6000 lectores. Olimpia Pérez aporta dúas poesías: “Canto a Foz” e “Pujanza” e o poeta viveirés César Michelena “O Apóstolo Santiago”: o artígo de Trapero Pardo “ “De la “canóniga” al “dos pìezas”; de Jorge Víctor Sueiro “Foz, flor y espina en el recuerdo”; de Francisco Mayán “La iglesia de San Martín, antigua catedral” e breves lembranzas de Curros, Noriega e Unamuno.
Houbo festas os días 9,10 e 11 que tiveran o seu prólogo o día 2 cunha xira ó Bispo
Santo. A Banda Municipal de Ourense, “alternando con una orquesta de gran cartel” amenizou os concertos, pasarrúas e verbenas dos tres días, e anúncianse Regatas, Cucañas, Concurso de Destreza no Oficio e a Gran sesión de fogos de artificio.
Figuran 75 anuncios comerciais nas súas páxinas, dos que só un sigue vixente: Longarela.
Suso Fernández


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



