Nota de prensa:
AS ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES PESQUEIROS SUBMINISTRARÁN MÁIS DE 67 TONELADAS DE PEIXE FRESCO PARA UNHA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA XUNTA QUE BENEFICIARÁ OS ESCOLARES
Sete organizacións de produtores pesqueiros e acuícolas subministrarán máis de 67 toneladas de peixe fresco para a campaña de promoción da Xunta O sabor da aventura está no mar que beneficiará os escolares de entre 6 e 12 anos. Esta campaña, que xa se
desenvolveu ao longo do curso 2010-2011, busca promocionar os produtos pesqueiros de Galicia e tamén impulsar o consumo de peixe galego fresco nos comedores escolares públicos. Durante este curso beneficiará preto de 19.000 nenos a través de 180.000
racións de peixe galego fresco.
Debido ás súas propiedades nutritivas, Mar considera que o peixe fresco desembarcado nos portos galegos constitúe a mellor proposta para este programa, de aí que para continuar desenvolvéndoo, o Consello da Xunta autorizase a sinatura deste convenio. As organizacións encargadas de fornecer as especies obxecto da campaña, é dicir, a xarda, o lirio, o xurelo, a pescada, a sardiña, o mexillón, o rodaballo e a troita, son a OPP 59 Asociación de Pordutores de Rodaballo, a OPP-4 Organización de Produtores da Pesca Fresca do Porto de Vigo, a OPP-18 OPMEGA-Organización de Produtores do Mexillón de Galicia, a OPP7 Organización de Produtores da Provincia de Lugo, a OPP-8 OPROMAROrganización de Productores de Pesca Fresca del Puerto y Ría de Marín, a OPP-65 Productores de Trucha ADSG ATRUGAL e a OPP-69 Organización de Produtores Artesanais de Galicia, OPAGA.
Ademais de subministraren aos comedores escolares dos centros públicos o peixe fresco para a realización das receitas e posterior degustación entre o alumnado dos centros docentes, as organizacións tamén se encargarán do almacenamento e refrixeración deses produtos pesqueiros e da súa preparación e envase, en condicións hixiénicosanitarias axeitadas para o seu transporte.
O departamento que dirixe Rosa Quintana persegue con esta iniciativa un dobre obxectivo; por unha banda incidir e equilibrar as dietas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil e, pola outra, valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia. O importe destinado a este convenio é de 126.900 euros e estará vixente ata xullo de 2012.
O sabor da aventura está no mar
A Consellería do Mar pretende con esta campaña educar e achegar o mundo do peixe aos nenos e transmitirlles a importancia da presenza do peixe e do marisco na dieta incidindo nos seus valores nutritivos. Tamén busca proporcionar aos estudantes coñecementos sobre as distintas especies de peixe e as súas características nutricionais, a través das actividades lúdico-formativas que contempla esta campaña.
Esta iniciativa, que xa se desenvolveu no curso anterior, está destinada ao público infantil, facendo especial fincapé nos centros públicos do interior, nos cales os alumnos xeralmente teñen menor coñecemento dos produtos do mar. Para o desenvolvemento completo da campaña a Consellería do Mar conta coa colaboración das consellerías de Sanidade e Educación. A primeira encárgase de coordinar os servizos necesarios e subministra os materiais precisos para o desenvolvemento dos traballos e das actividades derivadas do acordo. A Consellería de Educación selecciona os centros públicos que participen no programa e Sanidade encárgase do asesoramento técnico na elaboración dos menús na procura dunha dieta saudable do alumnado.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



