![]()
SEN CLASES MEDIAS NON HAI PARAÍSO
A linguaxe faise cada vez máis complicado en relación co diñeiro. Teito de gasto, prima de risco, control do déficit e axencias de cualificación, especie de semideuses que, por non se sabe que estraño subterfuxio, cunha palabra súa poden facer, como por encantamento, que un país enteiro vaia á bancarrota ou renaza das súas propias cinzas na próxima xornada bolsista.
Oír falar de “rescate” ponme os pelos de punta, antes suxeríanos o salvamento dalgún ser vivo en apuros, náufragos nestas terras e mares do norte , hoxe é mellor que non nos perdamos no mundo das finanzas porque se nos teñen que rescatar é que baixamos de categoría ata terceira rexional, pasariamos a ser miserables, desprezables, caste financeira inmunda. Pero non estamos sós, somos como contas de cristal colgando dunha lámpada veneciana cuxo esqueleto é a economía americana-USA, única polo momento que pode facer tremer os cimentos da terra, aínda que en silencio cada día estea máis colgada dos bancos chineses.
Para quen nos esforzamos en entender este xogo diabólico acabamos concluíndo intuitivamente que aquí pasou o de sempre, morreron catro romanos e cinco castrexos, sen eufemismos, que os ricos sono cada vez máis e os pobres máis crebados. O abismo continúa in crescendo, non hai quen controle a fame negra no corno de África pero tampouco as ganancias supermillonarias dalgunhas entidades financeiras, e sen clases medias non hai xeración de riqueza nin produtividade.
Nun segundo termo volvemos os ollos ao resto do mundo, rostros agonizantes de nenos esfameados, incontables seres humanos desprazados e apátridas, sen auga, comida nin sanidade, coas súas riquezas explotadas por nacións estranxeiras, rebelións islamitas contra as súas autócratas, guerras intestinas sectarias, ao que se unen as recentes turbas descontroladas dalgunhas capitais europeas e americanas ou o rexurdir de vellos conflitos en oriente.
Con esta música de fondo podemos falar do milagre español. Con case un cuarto da poboación activa en desemprego xorde o movemento do 15-M, pacífico por principio, sosegado e non moi clarividente. A axuda dos polémicos 400 euros de axuda familiar garante un mínimo de supervivencia.
Otero Regal




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



