Notas de prensa:
PREGUNTA 2 Foz a 14 de AGOSTO de 2011
SR. ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
Presenta as seguintes PREGUNTAS:
Que segundo recollen os médios de comunicación e ante a falta de unha declaración oficial por parte Consellería de Sanidade na que unha das cinco ambulancias asistenciais dol 061 que atenden ás urxencias en Galicia desarrolla a su actividade en A Mariña a partir do día 10. Según algunhas fontes, está adscrita a Foz, e loxicamente repercutira na resposta asistencial ao conxunto dos veciños/as, pois a ambulancia deixerá de estar operativa durante 12 horas, das 20.00 horas ás 8.00 horas, polo que durante a noite non haberá servizo.
UNIFOZ, antes de facer unha valoración política do asunto.
. E polo que preguntamos:
Ten o Sr Alcalde algún dato oficial respecto a afirmación publicada nos medios ?
Solicitou o Sr Alcalde información respecto a médida exposta, no que respecta a xustificación e como queda o atendido servizo ?
Que médidas pensa tomar o Sr Alcalde, con respecto a este recorte no tema sanitario para os veciños?
Así mesmo tamén recollendo o sentir dos veciños que son beneficiarios do servizo de Axuda no Fogar do Concello de Foz, e de forma moi particular daqueles que encontranse encamandos e que non están sendo atendidos no presente mes de agosto.E polo que preguntamos:
Por que motivo non se está atendendo co servizo de axuda a domicilio as persoas máis necesitadas , caso das persoas que se encontran encamadas?
Jaime Cancio Rodríguez
SR. ALCALDE.
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que os veciños/as de Marzán, Vilaxoane en particular e en xeral os de Foz están a sufrir diariamente as consecuencias do deterioro no que se encontran os camiños semi-urbanos de Masín, a Veiga da Sara, do Pereiro ou a Fiallega .
Os mencionados accesos de comunicación para os veciños colindantes con propiedades co mesmo teñen ano tras ano moitas dificultades para poder facer a sú actividade diaria relacionada coa agricultura e a simple comunicación ou acceso as súas casas.
Estes camiños-carreteras podemos asegurar que son as que en peor estado de conservación se encontran de todo o Concello, a pesar de ser prácticamente urbanos. Por todo o anteriormente exposto UNIFOZ, presenta esta MOCION para que a Corporación Municipal inste ao Goberno Municipal a:
-Realizar con urxencia traballos de conservación nos camiños-carreteras mencionados antes da chegada do inverno.
-Realizar un proxecto de mellora integral para os mesmos, a tramitar as axudas correspondentes para a súa financiación.
-Incluir no presuposto Municipal do presente ano unha partida económica para a realización do proxecto de reparación integral.
Jaime Cancio Rodríguez
SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



