Nota de prensa
ESTES DÍAS DAN COMEZO DIVERSAS OBRAS EN CAMIÑOS DE RIBADEO POR IMPORTE DE 156.000 EUROS. XUNTA, DEPUTACIÓN DE LUGO, ESTADO E CONCELLO ENCÁRGANSE DA SÚA EXECUCIÓN, SEGUNDO CONTOU FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 1 de agosto de 2011. Estes días dan comezo diversas obras en camiños de Ribadeo por importe de 156.000 euros, segundo contaba esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor sinalou que “aproveitando a época estival, que é o mellor momento do ano para facer obras de amaño de camiños, de rebacheos ou de novos asfaltados, estamos estes días actuando con dous programas diferentes en Ribadeo de todas as administacións, porque cando traballamos en conxunto e de maneira coordenada os veciños e veciñas, en definitiva os administrados, reciben unha mellor atención e moito máis efectiva”.
Suárez Barcia refírese “a que vamos dar comezo ao Plan de Obras e Servicios anual, que asume a Deputación Provincial, o Ministerio e máis o Concello, por un importe duns 58.000 euros, polo cal se van amañar varios camiños nas parroquias de A Devesa,Ove e Covelas”. E engadiu que “tamén nestes días estamos iniciando unhas actuacións dentro das obras de emerxencia para a reparación dos danos causados polas choivas, daquelas tan grandes de xuño do ano pasado, e que está levando adiante a Xunta en Ove, en Vilaousende, nas Anzas, en Remourelle, en Couxela, en Arante e tamén en Covelas”.
O alcalde de Ribadeo manifestou que “polo tanto nestes días, sumada esta actuación de prácticamente 98.000 euros á outra, de 58.000, fanse estas obras que teñen unha certa importancia e rematarán en dous ou tres semanas. Pero non quedarán os camiños perfectamente, porque Ribadeo é un concello que ten moitísimos kilómetros de viais. Con isto vaise atenuar en parte o estado de moitos que están nunha situación extrema, pero xa estamos pensando en cómo actuar noutros que se están degradando”.
Fernando Suárez considera que “os concellos son como os barcos, que cando un acaba de pintar a proa xa esta a popa enferruxada. Polo tanto é unha labor continua, constante, pero, como é caso, debemos coordinar esforzos entre todas as administracións para que os veciños teñan un bó servicio”.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



