NOTA DE PRENSA
Novas Xeneracións de Burela, satisfeitos pola aprobación do Consello Municipal da Xuventude.
Afirman que “así é como cumplimos o noso programa electoral”.
Aseguran que farán aportacións para que o consello funcione eficazmente.
Burela, a 28 de setembro de 2011.- Novas Xeneracións de Burela, a organización xuvenil do PP, veñen de manifestar a través dunha nota de prensa a súa satisfacción polo aprobación do Consello Municipal da Xuventude que se levará a cabo no pleno ordinario que a corporación burelesa celebrará mañán, xoves, ás oito da tarde.
Para as xuventudes do PP, “esta é a forma de cumplir o programa electoral que temos na nosa organización, adoptando acordos xa desde o principio da lexislatura, como este que propiciará que Burela conte por primeira vez cun ente no que os colectivos que aglutinan á xente nova poidan ter voz e voto, ou impulsando cuestións que estaban paradas absolutamente, como a posta en marcha do conselle escolar municipal, algo que debe repercutir na calidade do ensino dos centros escolares do concello”.
NNXX lembra que “no mandato municipal anterior o grupo municipal do PP xa presentara unha moción para crear ese consello municipal da xuventude, moción que fora rexeitada polo PSOE e polo BNG, que así incumplían o seu propio programa electoral e lle daban as costas á xuventude, demostrando que só falaban da xuventude cando lles interesaba politicamente e con afáns partidistas”.
NNXX de Burela afirman que “desde a nosa responsabilidade como organización política, faremos chegar, directa ou indirectamente, as nosas propostas ó consello municipal da xuventude, para dinamizar a vida xuvenil de Burela, para tentar crear marcos de actuación para facilitar a realización completa, como persoas, dos xoves, desde o marco educativo ó marco laboral”.
Finalmente, a rama xuvenil do PP, que lembra que a inclusión do programa electoral dos populares da creación deste consello municipal da xuventude se fixo a proposta de NNXX, indican que lles seguirán facendo chegar propostas ós concelleiros do equipo de goberno, xa non só no campo da xuventude, que tamén, senon en todos aqueles que consideren útiles para o conxunto da cidadanía de Burela.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



