Nota de prensa:
Participa con ADEGA no Moving Planet 2011
ADEGA vai participar na iniciativa mundial do MOVING PLANET con dúas actividades en Galiza en favor das enerxías renovábeis e da redución do consumo de combustibles fósiles. Con tal motivo, este sábado 24 de setembro realizaremos dous percursos reivindicativos: na Ulloa, dende o Castelo de Pambre á Eira da Xoana, e en Ferrolterra, saíndo do peirao de Curuxeiras (Mugardos). Moving Planet é unha manifestación mundial para esixir solucións á crise climática e puxar polo abandono dos combustíbeis fóseis. En bicicleta, patíns, dacabalo, a pé…mobilízate con ADEGA para facer parte de algo grande. Durante demasiado tempo, os líderes políticos negaron primeiro e logo retrasaron o compromiso de loitar contra o cambio climático. Eses tempos deben rematar. É hora de reaxir para superar a crise climática na que seguimos inmersos/as malia que a atención dos políticos céntrase só na crise financeira.
DENDE O PASADO ATÉ O PRESENTE EN BICICLETA, A PÉ OU A CABALO. DO CASTELO DE PAMBRE Á EIRA DA XOANA
Esta actividade consiste nun percurso en bicicleta, ou tamén a pé, a cabalo, etc dende o Castelo de Pambre (sec. XIV) atéo centro ecoeducacional “Eira da Xoana”.
PROGRAMA:
11.00 h => Encontro diante do Castelo. A seguir visita ó interior do mesmo.
12.00 h => Comezo da marcha, pasando pola Ponte Medieval, sobre o río Pambre, Castro de Remonde dende onde se pode ver o Castelo. Descenso ó Batán onde o Ulla e o Pambre se encontran. Atravesaremos a ponte de Ramil, ata San Martiño, para chegar á Eira da Xoana.
14.30 h => Xantar de convivio (cadaquén trae o seu) no eirado da Eira da Xoana.
Pola tarde=> Apaña de mazás para poder facer nós mesmos en novembro sidra. Precisamos, para a conservación das mazás caixas de madeira das que se usan nas froiterías. Se podedes, traede algunghas. Quen queira pode traer tamén mazás, preferíblemente das variedades axeitadas para facer sidra, do tipo “peros campaños”, etc.
Localización do evento: http://www.moving-planet.org/pt/events/es/ramila-ulhoagaliza-spain/1550
Máis info: http://eiradaxoana.blogaliza.org/; Marcial Barral, ADEGA-Alto Ula (616627318); ADEGA-Lugo (982240299)
Importante: As persoas participantes na marcha, deberán traer roupa e calzado axeitados para ir en bici, camiñar, etc.
Organiza: ADEGA e “Marcha Irmandiña”.
Colabora: Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e Concello de Palas
ROTEIRO CICLISTA POR FERROL
ADEGA-Ferrolterra organiza unha rota ciclista pola cidade como acto asociado ao Moving Planet. A rota partirá ás 12h do peirao de Curuxeiras (onde atraca a lancha de Mugardos).
Saída: Peirao de Curuxeiras
Contacto : adegatrasancos@adega.info
Localización do evento: http://www.moving-planet.org/pt/events/es/ferrol/2431
























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



