Nota de prensa
ANTONIO VEIGA E MARIO OUTEIRO REUNIRONSE COAS ASOCIACIONS QUE TRABALLAN CON COLECTIVOS DE MULLERES DE LUGO
Esta xuntanza enmárcase dentro da xeira de encontros con asociacións e colectivos de cara a escoitar as súas propostas e preocupacións para axeitar os orzamentos do vindeiro ano
Veiga defendeu se “vai procurar incorporar de xeito sistemático nos obxectivos e no funcionamento da propia Deputación o valor da igualdade como un elemento transversal e de calidade nos seus procesos e procedementos
LUGO, 22 de setembro de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, mantiveron hoxe no pazo de San Marcos unha xuntanza con asociacións que traballan con colectivos de mulleres, dentro da xeira de xuntanzas que a Vicepresidencia Primeira da Deputación está a levar a cabo cun dobre obxectivo: por unha banda, compartir cos representantes destes colectivos as propostas de traballo e as liñas de actuación que se pretende poñer en marcha para o vindeiro exercicio desde as áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social, Deporte, Igualdade e Xuventude da Deputación.
Na xuntanza mantida hoxe con representantes das asociacións que traballan con mulleres, Antonio Veiga explicou que “para atallar as diferentes problemáticas referentes á igualdade e ao papel da muller nesta sociedade necesítase traballar de maneira transversal, aplicando políticas que abranguen todas as áreas”. Veiga defendeu que “vaise procurar incorporar de xeito sistemático nos obxectivos e no funcionamento da propia Deputación o valor da igualdade como un elemento transversal e de calidade nos seus procesos e procedementos, no marco dunha estratexia intencional, paulatina e constante que debe acompañar o conxunto do traballo técnico e político, sendo unha estratexia para a transformación social de cara a unha sociedade máis equitativa entre homes e mulleres”.
Neste sentido, o nacionalista Antonio Veiga afirmou que o traballo pola igualdade na Deputación de Lugo vai ser “unha intervención global, que actúe no ámbito das estruturas, deseñando e adaptando medidas xerais e específicas que dean conta das necesidades e intereses das mulleres e homes e dos grupos en que se integra, pois os plans de igualdade non teñen como únicas persoas destinatarias ás mulleres, senón que tamén acarrean situacións para toda a poboación, homes, nenos e nenas, mozos e mozas, de todas as idades, e tamén en todos os ámbitos de competencias da Deputación, desde a educación, cultura, lecer, deporte, etc., porque os beneficios da igualdade afectan a toda a sociedade”.
Durante a anterior lexislatura da Deputación elaborouse un completo plan de Igualdade, que permitiu coñecer a situación real na provincia a través dunha profunda diagnose, e vai permitir dirixir as actuacións nesta materia a través das políticas que se pretenden aplicar desde a Area de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Xuventude. A maiores do carácter transversal da política de igualdade, vanse poñer en marcha accións específicas que redunden na mellora das condicións de vida da muller a través dos colectivos que traballan con mulleres, segundo anunciou Veiga.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



