DECRETO DE ALCALDÍA Nº 604/2011
En virtude das facultades que me confire a lexislación vixente, e tendo en conta que na mañá do día de hoxe, faleceu D. FRANCISCO MOISES RIVERA CASAS, FILLO ADOPTIVO DESTE CONCELLO, ante tal fatal acontecemento sobrevido a unha persoa tan estreitamente vinculada ao noso concello, e moi querida e coñecida por todos os veciños, esta Alcaldía, como medida de urxencia, ACORDA:
PRIMEIRO.- Decretar que durante os días 14, 15 e 16 de Setembro, as bandeiras permanecerán a media asta e, a local, con crespón negro.
SEGUNDO.- Suspender todos os actos públicos oficiais, organizados polo Concello de Cervo, a través de calquera das súas delegacións, servizos ou departamentos.
TERCEIRO.- Transmitir formal e persoalmente as condolencias a familiares e amigos así como participar nos actos do funeral.
CUARTO.- Testemuñar as condolencias mediante un anuncio público en medio de comunicación e entregar coroa floral como recoñecemento do gran pesar que aflixe aos veciños do concello ante tan tráxico suceso.
Así o resolve, manda e asina o señor Alcalde – Presidente, Cervo, 14 de Setembro de dous mil once.