GONZÁLEZ BARCIA REUNIRÁSE A FINAIS DE SETEMBRO COA SECRETARIA XERAL DE URBANISMO PARA AVANZAR NO PXOM. TAMÉN FALARÁ COA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO EN GALICIA SOBRE A INCLUSIÓN DO CORREDOR BARREIROS-SAN CIBRAO NO DOCUMENTO.
Burela, 3 de setembro de 2011. O alcalde burelés, José María González Barcia, está disposto a avanzar a maior ritmo na redacción do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Dous informes son os que tén enriba da mesa, un deles o emitido por Fomento sobre a obrigatoriedade de incluir o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao no PXOM e o expediente iniciado en 2004 polo PP municipal sobre a reducción da afectación da variante. Sobre este asunto, na reunión do pasado luns en Lugo con responsables de Estradas do Estado na provincia sentáronse as bases para continuar co expediente, algo que, segundo González Barcia, “xa se está a facer, xa se está a traballar para continuar co expediente paralelamente á redacción do PXOM”.
Sobre a primeira das cuestións, a inclusión do corredor Barreiros-San Cibrao no PXOM, a finais de setembro o rexedor burelés manterá unha reunión na cidade de A Coruña co enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para estudiar e concretar a petición de Fomento e darlle unha solución. Barcia é consciente da repercusión que a petición de Fomento pode ter no PXOM, pero “non nos queda outra que sentarnos para chegar a acordos e solucións, de cara a avanzar na redacción do Plano”.
O segundo informe que tén o alcalde enriba da mesa é o emitido pola Xunta de Galicia. Sobre este informe, o alcalde de Burela xa ten concertada unha entrevista coa Secretaria Xeral de Urbanismo do goberno galego para finais de setembro, “nesta entrevista xa baixaremos ao concreto e confío en que da mesma saiamos coas cousas máis definidas. De todos os xeitos, seguro que teremos que manter máis reunións deste tipo, porque un PXOM que queremos que teña unha validez para vinte anos hai que facelo co maior sentido posible”.
José María González Barcia subliñou que “cando rematemos esta primeira ronda de conversas convocaremos a comisión informativa de seguemento do PXOM para trasladar aos grupos políticos o resultado das conversas e tamén convocaremos á Asociación de Veciños O Vencello, porque somos conscientes do interés que teñen neste asunto, que afecta ao cento por cento dos veciños e veciñas de Burela”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



