Nota de prensa:
CASE 3.600 ESTUDANTES E PROFESORES DA PROVINCIA DE LUGO MELLORARÁN AS COMPETENCIAS EN IDIOMAS NO CURSO 2011/2012 A TRAVÉS DO PLAN DE POTENCIACIÓN DAS LINGUAS ESTRANXEIRAS
A estratexia de fomento do plurilingüismo desenvolvida pola Consellería de Educación supera xa o número de cidadáns beneficiados previstos para o final da lexislatura
No segundo curso de aplicación do Plan haberá 9 centros plurilingües e 167 seccións bilingües na provincia
Lugo, 3 de setembro de 2011.- Case 3.600 estudantes e profesores da provincia de Lugo poderán mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras no curso 2011/2012 a través das ensinanzas impartidas nos colexios integrados na Rede Galega de Centros Plurilingües e nas seccións bilingües. Deste xeito a Consellería de Educación reforza as actuación enmarcadas no Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, cuxas previsións de cidadáns beneficiados xa se viron superadas: dos 40.000 previstos inicialmente para toda a lexislatura aos 40.800 que van participar deste plan en toda Galicia no curso 2011/2012.
Unha vez analizadas todas as solicitudes, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autoriza para este curso o funcionamento de 52 novos centros plurilingües, co que a Rede Galega de Centros Plurilingües quedará conformada por un total de 110 colexios e institutos. Deles, 9 pertencen á provincia da Lugo, 4 de nova incorporación para este curso que comeza, que se unen aos 5 que xa funcionaron como tal no 2010/2011.
Así, o vindeiro curso 591 estudantes e 14 profesores da provincia participarán a diario das actividades de mellora das competencias en linguas estranxeiras desenvolvidas na Rede Galega de Centros Plurilingües.
Seccións bilingües
Doutra banda, Lugo contará este curso con 39 das 344 novas seccións bilingües autorizadas. Deste xeito, un total de 2.921 alumnos e 68 profesores beneficiaranse do reforzo no ensino de idiomas que supoñen as 167 seccións bilingües que funcionarán nos colexios e institutos da provincia durante o ano académico 2011/2012.
Nos vindeiros días poderase consultar a relacións de centros participantes nestas dúas actuacións na web da Consellería de Educación, http://www.edu.xunta.es/web/
Apoio nativo
Para apoiar ao ensino das linguas estranxeiras a Consellería de Educación incorporará un total de 361 auxiliares de conversa nativos, que desenvolverán o seu labor en centros plurilingües públicos, seccións bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas de toda Galicia.
Deles, 18 serán sénior, mestres xubilados de países de fala inglesa que desempeñan a función de apoio á aprendizaxe en colexios e institutos do rural. Ademais este curso incorporaranse ao sistema educativo galego 3 profesores estadounidenses visitantes, que prestarán o seu apoio ao ensino do inglés en centros educativos galegos durante todo o ano académico. Doutra banda, disporase de 1 profesor de lingua francesa a tempo completo, froito do convenio de colaboración entre a Consellería e a Academie de Amiens.
Con estas actuacións a Consellería de Educación continúa a impulsar o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, unha iniciativa de impulso do plurilingüismo que senta as súas bases na mellora das competencias das galegas e os galegos en outros idiomas, independentemente do seu lugar de residencia e dos seus recursos económicos.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



