Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE É O MINISTERIO DE FOMENTO O QUE TEN QUE PAGAR O ALUMEADO PÚBLICO DA PONTE DOS SANTOS. O REXEDOR ACUSA AO ALCALDE DE CASTROPOL DE QUERER DESVIAR A ATENCIÓN DOS PROBLEMAS QUE SOFRE O SEU CONCELLO CULPABILIZANDO DE TODO A RIBADEO.
Ribadeo, 7 de setembro de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que é o Ministerio de Fomento o que ten que pagar o alumeado público da Ponte dos Santos. O rexedor sae así ao paso das últimas declaracións realizadas polo alcalde de Castropol ao que acusa de querer desviar a atención dos problemas que ten no seu Concello culpabilizando sempre a Ribadeo.
Suárez Barcia sinalou que “por estas alusións nos medios de comunicación véxome obrigado a facer unhas declaracións, eu para nada quero polemizar co Concello situado ao outro lado da ría, co que sempre nos une unha boa relación de amistade entre os veciños, pero eu non sei si o alcalde de Castropol ás veces ten enquina e tenta desviar a atención dos problemas que ten na súa casa culpabilizando sempre a Ribadeo, unhas veces polo mercado, outras polo polígono industrial e agora tamén temos a culpa do que ocorre coa iluminación da Ponte dos Santos”.
O alcalde de Ribadeo lembrou que “estes concellos hai moitos anos pagaban o subministro eléctrico do alumeado desa ponte, pero é algo fora de lugar nos tempos actuais que os Concellos de Castropol e Ribadeo deban pagar o alumeado a Fomento, porque para mostra un botón, no treito de autovía que pasa por Ribadeo entre a parroquia de Vilaselán e Ribadeo, que conta con alumeado público, o Concello ribadense non está a pagar ese subministro eléctrico porque o ten que asumir e así o asume directamente o Ministerio de Fomento”.
Fernando Suárez considera que “si o Concello de Castropol ten un contador no que lle están cargando os consumos eléctricos da Ponte dos Santos o que ten que facer primeiramente é dirixirse a Fomento para poñelos en coñecemento desta situación e proceder a que cambien a titularidade deste contador. Isto que hoxe estou a dicir nos medios de comunicación xa llo comentei ao alcalde de Castropol verbalmente hai polo menos un par de anos para resolver esta situación dunha vez por todas. Sí é certo que Castropol lle mandou hai tempo ao Concello de Ribadeo un requerimento para que fixese un pago de algo do que non temos convenio nin acordo máis que verbal”. E explicou que “os Concellos ven sexa directamente Castropol ou indirectamente Ribadeo non temos por qué pagar o alumeado público das autovías porque son propiedade do Estado, non é que o diga eu senón que o di a lei e si o contador está a nome do Concello de Castropol debe ser Castropol o que faga as xestións oportunas diante do Ministerio de Fomento. Eu, como Concello de Ribadeo, non terei ningún problema en acompañar, en solidarizarme, en asinar un escrito entre as dúas partes, etc. Pero o que me parece moi pouco elegante, e xa é a enésima vez, son determinadas actitudes do alcalde de Castropol para con Ribadeo por cuestións de cortesía e de boa veciñanza. Si él ten problemas na súa casa coa súa oposición, si él ten problemas económicos debe resolvelos na súa casa, porque Ribadeo tamén ten problemas económicos e moitos e de maneira endémica e desde hai moitos, pero nunca se lle ocurría a este alcalde de Ribadeo, que por mor dos problemas que puidéramos ter en Ribadeo ir botarlle a culpas aos alcaldes de Trabada, de Barreiros, de Castropol, de Vegadeo…”.
O rexedor ribadense pensa que “hai que ter unha elegancia nesta vida, todos estamos na política, uns defendemos unhas siglas e outros outras, pero entre todos debe existir unha relación de boa veciñanza e desde logo vexo moi mala fé que para botar un cortina de fume nos problemas que poida ter Castropol o seu alcalde lle bote a culpa a Ribadeo sen máis. Ribadeo non ten a culpa neste asunto, que tería que ter tramitado o Concello de Castropol desde hai moitos anos, como lle teño dito eu hai moito tempo”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



