Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ DESTACOU A CALIDADE DAS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA QUE ESTA MAÑÁ SE SORTEARON ENTRE OS SEUS ADXUDICATARIOS. O ACTO TIVO LUGAR NO CONCELLO.
Ribadeo, 7 de setembro de 2011. O salón de plenos do Concello foi escenario esta mañá do sorteo de 30 vivendas de promoción pública entre os seus adxudicatarios. O alcalde, Fernando Suárez, destacou a calidade das mesmas e avogou por seguir traballando para poder contar con máis vivenda pública a prezos asequibles.
O rexedor contou que “procedéuse hai poucos momentos ao sorteo das vivendas de protección oficial no salón de actos do Concello, coa presencia do xefe territorial do IGVS. Todos coñeceron cales serán os seus pisos e agora teñen 15 días para ratificar a súa conformidade ou para renunciar a elas, aínda que debo dicir que están feitas con moito gusto e cunhas calidades constructivas moi boas”.
Suárez Barcia dixo que “para Ribadeo é unha moi boa noticia que se vai pechando este proceso que se iniciou hai cinco anos cando o Concello de Ribadeo cedeu uns terreos á Xunta para dita construcción, o bipartito na Xunta aceptou a proposta do Concello, realizaron a licitación e a construcción dos pisos e o novo goberno autonómico procede ao sorteo”. E engadiu que “cando as administracións traballan en conxunto os resultados son moi bós para todos os veciños e veciñas e agora resta seguir traballando en conxunto entre estas administracións para poder poñer máis vivenda pública a prezo asequible e con calidades constructivas de primeira”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



