Nota de prensa:
A iniciativa, promovida polo voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, foi obxecto de debate na Comisión de Pesca e Marisqueo que tivo lugar na mañá de hoxe
O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA DAR PRIORIDADE AOS INVESTIMENTOS EN APOIO DO PEIRAO DE MIRASOL EN RIBADEO
A Cámara galega establece un mandato a Portos de Galicia para dar continuidade ás medidas dirixidas a “asegurar, afianzar e expandir” o volume de tráfico portuario desta dársena comercial lucense.
Balseiro Orol indica que, unha vez asegurada a actividade de ENCE neste peirao, que os socialistas puxeron en perigo, cómpre continuar coas obras comprometidas, empezando pola ampliación e dragado da dársena comercial obras que se inauguran este mesmo venres.
Santiago, 08 de setembro de 2011.- O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade das tres forzas políticas a iniciativa do Grupo Popular para dar prioridade aos investimentos en apoio do peirao comercial de Mirasol en Ribadeo. A iniciativa, promovida polo voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, foi obxecto de debate hoxe na Comisión de Pesca e Marisqueo e acadou o respaldo unánime de populares (os autores), socialistas e nacionalistas.
A través deste acordo, a Cámara lexislativa galega establece un mandato a Portos de Galicia para que dea continuidade, agora e no futuro, ás medidas dirixidas a “asegurar, afianzar e expandir” o volume de tráfico portuario desta dársena comercial lucense, considerada de interese estratéxico para a economía da comarca e o sostemento dos empregos a ela asociada.
INICIATIVAS SOCIALISTAS PARA ARREBATAR ACTIVIDADE
Cómpre lembrar que no pasado, os proxectos impulsados polos socialistas tanto desde Fomento (Autoridade Portuaria de Xixón e FEVE), como polo anterio goberno do PSOE do Principado de Astuarias, buscaban arrebatar ao porto lucense a actividade que nel desenvolve a empresa madereira ENCE, e que representa preto do 65% do total da actividade desta dársena.
De feito, a idea inicial impulsada polos socialistas era que o porto do Musel (Asturias) substituíra ao de Ribadeo como punto de saída e entrada destas mercadorías. Só a ofensiva da Xunta popular, que logrou un acordo coa empresa, logrou o mantemento desta actividade. A través dun convenio, Portos de Galicia asumía o compromiso de executar unha serie de investimentos e outras moitas melloras portuarias de cara ao futuro que agora o propio Parlamento subliña como prioritarias e establece que deben ter continuidade de cara aos próximos anos.
Jose Manuel Balseiro amosou a súa satisfacción polo acordo acadado e sinalou que indica que, unha vez asegurada a actividade de ENCE neste peirao, que os socialistas puxeron en perigo, “cómpre agora continuar coas actuacións comprometidas, empezando pola ampliación e dragado da dársena comercial, obras que se inauguran este mesmo venres”.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



