Nota de prensa:
Os interesados deben reservar a súa tarxeta no teléfono 615 321 386 ou na sede local do Partido Popular
OS POPULARES DE CERVO FAN UN CHAMAMENTO A AFILIADOS E SIMPATIZANTES A PARTICIPAR NA PULPADA DE SAN FROILÁN CON NÚÑEZ FEIJÓO
O tradicional xantar a base terá lugar o domingo 2 de outubro, para desprazarse ata haberá un autobús que sairá as 10 horas da Casa do Mar de San Ciprián.
Cervo, 23 de setembro de 2011.- O Partido Popular de Cervo abre o prazo de reservas para que afiliados e simpatizantes poidan participar na tradicional Pulpada que cada ano ten lugar na cidade de Lugo con motivo das festas de San Froilán. Nesta ocasión, xunto cos dirixentes provinciais da formación política popular, contarase coa presencia do Presidente Autonómico, Alberto Núñez Feijóo.
A comida terá lugar no Pazo de Feiras e Exposicóns de Lugo (xunto ao río Miño), o domingo 2 de outubro ás 13:30 h. Para facilitar o desprazamento das persoas que desexen apuntarse o PP habilitará un autocar que sairá desde a Casa do Mar de San Ciprián, ás 10 horas do domingo.
Todos aqueles que teñan previsto acudir, deben confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 615 321 386 ou na Sede local do PP de Cervo. O prezo da tarxeta é de 25 euros e o transporte é gratuíto.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



