Nota de prensa
O PP OPONSE A RESTAURAR OS SERVIZOS DE TRANSPORTE SANITARIO RECORTADOS EN FOZ, BAIONA, MARÍN, PONTEAREAS E VIGO
A deputada do G.P do BNG Ana Luisa Bouza lamenta que para o PP “as ambulancias que agardan unha urxencia estean ociosas” e advirte que o goberno da Xunta está “xogando coa saúde da xente para garantir os beneficios das concesionarias”
Santiago de Compostela, 27 Setembro 2011.- O Partido Popular amosouse hoxe contrario a restaurar os servizos de transporte sanitario recortados nas bases de Foz, Baiona, Marín, Ponteareas e Vigo votando en contra dunha proposicion non de lei do BNG con esta reclamación, “modesta, concreta e contundente porque estamos ante unha emerxencia”, advertiu a deputada nacionalista Ana Luia Bouza.
A parlamentar reivindicaba tamén reorganizar os servizos deste transporte para mellorar a súa prestación, sen recortar os efectivos cos que conta na actualidade, co obxecto de garantir a calidade do servizo e a igualdade de acceso aos mesmos.
Bouza explicou que trouxo esta proposta á Cámara ao confirmarse as denuncias sobre os recortes neste servizo que xa agoirara meses atrás, cando se aprobou o novo decreto que regula o transporte sanitario, “recortes que o goberno reiteradamente se negou a recoñecer mais que dende o mes de Agosto topan con outra realidade”.
Neste sentido, lembrou que o debate está na rúa, incluso con folgas dos traballadores de ambulancias de servizos urxentes e non urxentes, que rexeitan esta “reorganización” e os recortes na dotación de servizos que xa se aplicaron nas cinco bases citadas.
A deputada dixo que era obriga dun goberno ser riguroso e garantir unha prestación en termos de calidade e homoxeneidade, non en termos de mellorar a “carta de resultados da patronal das ambulancias”, negándose a mellorar a condicións das concesións pero aceptando precarizar o servizo.
Bouza puxo algún exemplo desta precarización, como que as Uvis móbiles agora se poidan adicar a transportar doentes entre hospitais; reducir de catro a tres os tripulantes destas ambulancias; eliminar os técnicos de emerxencias; adicar o 065, que non ten persoal sanitario, a traslados de diálises; primar o criterio de número de servizos prestados ao poboacional, cando a OMS recomenda unha ambulancia por cada 25.000 habitantes ou abrir a porta ao copago, pois se elimina na redacción do novo decreto a textualidade que garante a gratuidade.
A parlamentar concluiu pedindo ao Partido Popular que rectifique o seu discurso, pois está faltando ao respeto á cidadanía e incluso aos profesionais ao afirmar que “os das ambulancias están ociosos mentres esperan unha urxencia. Están xogando coa saúde da xente para garantir os beneficios das concesionarias”.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



