Os baños de setembro
“
PERIGO, NON HAI BANDEIRA!”. Así terán que actuar os bañistas que queiran ir á praia este mes de setembro, xa que en Xove o goberno local limitou os contratos dos socorristas a dous meses en troques dos tres meses que eran contratados ata o de agora. Unha medida unilateral que impedirá ver bandeiras verdes, amarelas ou vermellas nos areais de todo o noso concello.
Esta nova situación nas praias xovenses faime recordar aqueles antigos baños marítimos que as mulleres labregas adoitaban tomar no mes de setembro, unha vez finalizados os labores do agro. As carrachentas, canónigas, poubanas ou mantidas (así alcumadas dependendo do lugar da Mariña onde as nomearan) adoitaban mergullarse na auga salgada entre sete e quince veces, nun ritual que hoxe cualificaríamos de “tratamento preventivo por prescrición médica” e que naquela época recomendaban médicos e curandeiros. Contan os máis vellos que algunhas labregas da Rigueira acudían á praia de Bidueiros, onde aliviaban as doenzas dos ollos e a reuma, ademais de camiñar pola area para mellorar a falta de circulación. Eran mulleres dun tempo no que non existía a posibilidade de apuntarse a espléndidos balnearios con circuitos de augas termais subvencionados pola Administración.
O feito de que en Xove non vaiamos ter servizo de socorristas nas nosas praias durante este mes de setembro trátase dunha decisión política errada. E máis aínda cando desde o goberno local non lles treme a voz ao achacar esta decisión á crise económica. Unha escusa, a da crise, que se está tornando en desculpa-comodín e que non tiveron en conta cando aló polo mes de xuño os políticos que conforman o executivo municipal acordaron, tamén de xeito unilateral, subir os seus propios salarios un 26% de media.
Non é certo que todos sexamos iguais. Hai outra caste de políticos que entendemos prioritaria a seguranza dos nosos veciños e pensamos que as tarefas que realizan os socorristas son tan importantes como outros servizos básicos que ofrecemos desde o noso concello. Sentímolo moito, pero este ano en Xove acabouse o verán antes do 23 de setembro. Por iso quérolle lembrar a todas as familias carrachentas, herdeiras do saudable costume de ir á praia en setembro, que desde hoxe queda prohibido mancarse, sufrir unha insolación, recibir a picadura dun escarapote ou ter un corte de dixestión nas praias de Esteiro, Portocelo e Lago.
Marco López
Portavoz do Grupo Municipal do BNG en Xove


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



