Nota de prensa
HOXE REMATAN A SÚA ACTIVIDADE NAS PRAIAS DE BURELA OS 12 SOCORRISTAS QUE TRABALLARON AO LONGO DE TODO O VERÁN. A LIMPEZA DOS AREAIS SEGUIRÁ ATA FINAIS DE MES, SEGUNDO GONZÁLEZ BARCIA.
Burela, 14 de setembro de 2011. Hoxe rematan a súa actividade nas praias de Burela os 12 socorristas que ao longo dos últimos meses velaron pola seguridade dos bañistas. O alcalde, José María González Barcia, subliña que “a partires de mañá xa non haberá este servizo nos areais bureleses, polo que lles pedimos aos usuarios das praias que extremen as precaucións cando acudan a darse un baño”.
No servizo de socorrismo de Burela traballaron este verán 12 socorristas, 10 contratados pola Xunta e 2 polo Concello. Barcia anunciou que “de cara ao vindeiro ano tentaremos mellorar as dotacións de material coas que contaron estes profesionais, xa que comprobamos que nos catro últimos anos non houbo novidades neste sentido. Nalgúns casos estiveron empregando material que fora adquirido polo Concello no noso mandato anterior”.
Sobre a limpeza das praias o rexedor dixo que “no que resta do mes de setembro seguirán esas tarefas, aínda que non coa mesma intensidade coa que se viñan desenvolvendo ata o de agora”. Da limpeza das praias ademáis dos operarios de Celta Prix, encargáronse tres persoas, que foron subvecionadas ao 100% pola Xunta de Galicia.
José María González Barcia indicou que “o traballo tanto dos socorristas como do persoal de limpeza das praias foi satisfactorio”.