Nota de prensa
O EQUIPO DE GOBERNO SOMETE HOXE A APROBACIÓN O ORZAMENTO XERAL DE 2011, QUE ASCENDE A MÁIS DE 10 MILLÓNS DE EUROS. POR PRIMEIRA VEZ EN SEIS ANOS O CONCELLO RECURRE A UN PRÉSTAMO ICO PARA AFRONTAR O PAGO DE FACTURAS ANTERIORES A 2011.
Ribadeo, 30 de setembro de 2011. O equipo de goberno someterá hoxe a aprobación o orzamento xeral de 2011, que ascende a máis de 10 millóns de euros. Por primeira vez en seis anos o Concello recurre unha operación de préstamo ICO para afrontar o pago de facturas anteriores a 2011, segundo explicaba esta mañá, o concelleiro de Facenda, Vicente Castro.
O edil nacionalista contou que “hoxe sometemos a aprobación o orzamento xeral de 2011, que ascende a 10.394.000 euros. Dito orzamento, que se presenta casi ao final do execizo, é un orzamento de liquidación. Nun principio a nosa intención era tirar ata finais de 2011 co presuposto prorrogado do ano pasado, aínda que a necesidade de darlle cobertura a unha serie de inversións e de sentencias xudiciais obrigóunos a presentar este orzamento. Non debemos esquecer que o presuposto de 2010 foi aprobado e sometido a unha cuestión de confianza para sair adiante e as dificultades que supoñía aprobar a principios de ano o orzamento para 2011”.
Castro manifestou que “éste é o maior presuposto da historia do Concello de Ribadeo, algo que é anecdótico e que se debe á incorporación de partidas de 2010 correspondentes ás modificacións dos convenios do pavillón da Avenida de Luarca e da travesía de Ribadeo, que ascenden a 1.400.000 euros e a 400.000 euros respectivamente. A partida destinada a investimentos sitúase nos 2.754.000 euros, nas que van incluidas esas cantidades ás que aludía anteriormente, a a maiores hai máis de 900.000 euros para otras inversión”.
O concelleiro de Facenda subliñou que “o presuposto de 2011 cubre as necesidades do Concello en canto a salarios e á prestación de servizos básicos, como é a obriga de calquera orzamento. Este ano sube un pouco o gasto corrente a pesares do esforzo que seguimos a realizar no seu control desde hai anos, pero ese incremento débese básicamente ao grande incremento da tarifa eléctrica en especial dos alumeados públicos e a certas sentencias xudiciais que ten que afrontar o Concello de Ribadeo”.
Vicente Castro engadiu que “no capítulo de ingresos o Concello recurre tamén, por primeira vez en seis anos, a unha operación de préstamo ICO, a través dunha orde do Ministerio de Administracións Públicas, co obxectivo de poder pagar facturas pendentes anteriores a 2011 e ir saldando atrasos a proveedores que vimos arrastrando desde o Concello”. É obxectivo do equipo de goberno “seguir na liña de aforro e de pechar exercizos con saldos positivos para poder sanear as contas do Concello de Ribadeo”.





















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



